Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir, para mozos/as de 18 a 30 anos.

carne_de_conducir

 

Axudas da Xunta de Galicia para a obtención do carné de conducir (clase B). Para mozas e mozos de 18 a 30 anos.

Importe das axudas 250 ?.

Requisito ser títular do carné xove.

Prazo de solicitude ata o 1 de outubro de 2013.

Consulta das bases destas axudas no Diario Oficial de Galicia, no seguinte enlace:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130513/AnuncioCA05-070513-0003_gl.pdf

Uxía achega a Pontecesures unha nova visión de Rosalía a ritmo de rock e blues.

Cultura /

Valentín García, Uxía Senlle e Xulio Amigo presentaron a actividade.

A editorial Galaxia e a Consellería de Cultura achegan esta fin de semana a Pontecesures unha renovada e máis actual visión de Rosalía de Castro e da súa obra. ??Rosalía pequeniña? é o título do espectáculo e tamén do libro-disco que acaba de editar Galaxia, no que a intérprete Uxía Senlle musica nove poemas da escritora padronesa á que adica, ademais, unha composición de seu: ??Rosalía pequeniña?. A dunha muller ??loitadora? e ??insubmisa?, esa é a imaxe que Uxía quere transmitir da autora de ??Cantares Gallegos?, obra fundamental do Rexurdimento e da que se conmemora o 150 aniversario da súa publicación. ??Maio longo?, ??Como chove miudiño?, ??Has de cantar?, ??Paseniño?, ??Miña santiña, miña santasa? ou ??Alborada? son algúns dos poemas rosalianos que poderán escoitarse este domingo no Centro Social de Pontecesures, onde arranca unha xira de corenta actuacións por outras tantas localidades de Galicia, entre elas Cuntis.
Os textos serán interpretados a ritmo de muiñeira, balada, blues e incluso rock. Melodías pegadizas, variadas e actuais pensadas para que os cativos canten en familia, durante e despois do concerto, explica Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta que onte presentou esta iniciativa acompañado por Xulio Amigo, representante da editorial Galaxia, e pola propia Uxía Senlle. ??Rosalía pequeniña? é unha das cinco accións que integran o programa de dinamización lingüística ??FalaRedes 2013?, impulsado polo goberno autonómico. O que se persegue é ??mirar cara o pasado, pero tamén ao presente e ao futuro, pois cumprimos o dobre obxectivo de honrar a unha das nosas máis grandes figuras literarias e de transmitir aos nenos unha imaxe positiva e actual da lingua galega?, apunta Valentín García.

DIARIO DE AROUSA, 22/05/13

Amplían a Valga, Catoira y otros municipios el servicio preferente de bomberos.

Matinsa empieza a trabajar en los parques a partir del 1 de junio

La Diputación se plantea incrementar el número de ayuntamientos a los que se les presta un servicio preferente en el Consorcio provincial de bomberos. Así lo anunció ayer el ente provincial al término de un pleno del Consorcio.

El presidente de la Diputación, Rafael Louzán sostiene que la ampliación de ayuntamientos será posible gracias a las cuentas del Consorcio, que se encuentran «en un estado óptimo». Los beneficiarios podrían ser ayuntamientos de la comarca de Pontevedra y del sur de la provincia. Además, en el pleno de ayer se acordó aceptar las propuestas de Catoira y Valga de beneficiarse del servicio.

La nueva concesionaria de los parques de bomberos, Matinsa, empieza a trabajar el 1 de junio.

FARO DE VIGO, 22/05/13

O xoves reúnese a Comisión Informativa de Asuntos Xerais en Pontecesures.

O día 23 de maio, ás 13:30 horas, reúnese esta comisión coa seguinte Orde do Día:

1. Acta anterior.
2. Moción do Grupo Municipal Popular sobre melloras nas instalacións do Campo de Fútbol Municipal «Ramón Diéguez».
3. Moción da Agrupación Cidadá de Pontecesures sobre o Programa de Educación Familiar 2013.
4. Moción do Equipo de Goberno sobre o mentemento do servizo do Rexistro Civil nos xulgados municipais.

Os días 22, 23 e 24 de maio, selección dos doce traballadores subvencionados pola Deputación.

O día 22 serán seleccionados os seis peóns de obras públicas, o 23 os catro de xardiñería e o 24 os dous de limpeza. Nos tres días as entrevistas serán ás 10:30 horas na Casa do Concello de Pontecesures.
A Oficina de Emprego de Vilagarcía fixo unha preselección e dirixiu un escrito a cada candidato para que se presente á selección na Casa do Concello.
Ata o momento, descoñécese a composición do tribunal municipal de selección.
Lémbrase que o contrato é a tempo parcial por 25 horas á semana cunha duración de seis meses dende o 1 de xuño. Os seleccionados non poden estar a percibir prestacións.