Hoy tarde de fútbol en el pabellón de deportes de Dodro.
Horarios de los partidos:
O alumnado do CPI PONTECESURES de 4º-5º e 6º de Educación Primaria está recibindo clases de conversa en lingua inglesa os xoves pola tarde, en horario extraescolar.
As clases que se imparten en grupos que non superarn os 10 alumnos/as queren incidir no obxectivo de mellorar a competencia oral en lingua inglesa , tanto en comprensión coma en expresión.
As clases son impartidas por profesorado do CPI.
Campaña de recollida de móbiles no CPI Pontecesures
O equipo de dinamización da biblioteca do CPI PONTECESURES impulsa a campaña ??recicla o teu móbil? impulsada por AMNISTÍA INTERNACIONAL que chegou a un acordo con MOVILBANK para que a reciclaxe sexa tamén un xesto de apoio e defensa dos Dereitos Humanos.
As finalidades concretas da campaña son: a) recadar fondos que contribúan á defensa dos Dereitos Humanos; b) que se reutilicen os terminais; c) que se reciclen as súas compoñentes respectando e medio ambiente; d) que se reduza a demanda de compoñentes coma o coltán, mineral que está xerando conflitos armados en países como a República Democrática do Congo.
Nesta campaña vanse respectar os estándares de reciclaxe e respecto polo medio ambiente e realizaranse en plantas habilitadas para tal fin en Europa. Vélase polo estrito cumprimento das normativas de xestión ambiental.
Tras as xestións feitas polo equipo de goberno ante Portos de Galicia pola avaría do alumeado no paseo marítimo de Pontecesures, co conseguinte perxuizo para tódolos cidadáns que disfrutan desa zona, no día de hoxe a empresa Inelga, enviada por Portos de Galicia, escomezou o arranxo da devandita avaría.
Entre o día de hoxe e mañán a empresa espera que o problema quede totalmente subsanado.
No día de onte finou esta veciña de Pontecesures (na actualidade vivía na rúa San Lois) de 76 anos de idade que era viúva de José Meniño Martínez.
O cadáver está a ser velado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá, 24 de xaneiro ás 18 horas terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Recibirá sepultura no cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.