O vindeiro sábado 26 de marzo ás 20.00 horas, terá lugar a presentación da candidata socialista Carmen Coto á alcaldía do Concello de Valga. O acto celebrarase na Casa da Cultura de Paredes e Carmen Coto estará acompañada por Carmen Cajide, Secretaria Provincial de Igualdade, e o deputado autonómico Guillermo Meijón, así como doutros integrantes da candidatura do PSdG-PSOE.
Morreu Gonzalo Jiménez Silva.
Este xove, residente na parte alta da rúa Ullán de Pontecesures e de 31 anos de idade, morreu este mediodía. Tivo unha parada cardíaca e foi levado en ambulancia ata o campo da Insua coa intención de trasladalo en helicóptero ao hospital. Os médicos xa non poideron facer nada pola súa vida e morreu antes.
Descanse en paz.
Peóns seleccionados pola Deputación para traballos do Concello de Pontecesures.
Mª Carmen Castiñeiras Iglesias
Mª Elena Lorenzo Jamardo
?scar Pérez Campos
Yolanda Vieites Dos Santos
Mª Victoria Vilar Raíndo.
A selección foi realizada hoxe na Deputación logo da entrevista do tribunal cos candidatos.
A prestación comeza maña, 16 de marzo, e o contrato é por 6 meses.
Pontecesures C.F. (Benjamines)
El Jueves 17/03 a las 17:30 se enfrentan el Furia contra el Pontecesures C.F. en cordeiro.
Despues de lograr un empate ante el Tordoia (2-2), el Pontecesures intentara conseguir los 3ptos. en campo del Furia.
En estos momentos se encuentra 9º en la clasificación, aunque con tres puntos a mayores, que aun no han sido corregidos y que no haran variar su clasificación.
ESTE MARTES 15, COMEZO DAS CLASES DE “BAILOTERAPIA” NO PAVILL?N POLIDEPORTIVO DE CORDEIRO
O vindeiro martes 15 de marzo, en horario de 21-22h., comezarán as clases de Bailoterapia no pavillón polideportivo de Beiro-Cordeiro, enmarcadas dentro das actividades ofertadas polo Ximnasio Municipal de Valga.
  A Bailoterapia, é unha especie de exercicio areóbico, moi de moda, dende fai anos, en Venezuela, que consiste en facer exercicio ó ritmo da musica caribeña (cumbia, merengue, salsa, bachata…). Con isto conseguese relaxarse, liberar estrés, queimar calorias, aprender mellor os pasos de baile da musica festeira e divertirse. Non é preciso vir en parella e vale para todalas idades.
  A primeira clase será sempre gratis,para que poidas probar si che gusta. O precio das clases e de tan so 15 euros ó mes.
 Para apuntarse e solicitar máis información, chamar a profesora-monitora Evelyn no telefono 630-29 17 78. Esta profesora ademais é a encargada de impartir clases de “Bailoterapia” no pavillón universitario de Pontevedra, Sanxenxo, Portonovo e Campo Lameiro.

