El PP arrasa en Ulla-Umia y termina con el poder del PSOE en un área tradicionalmente “roja”.

El PP arrasó ayer en la comarca Ulla/Umia dejando hundido a un PSOE que ha ido perdiendo poder en esta área roja por excelencia. Los nacionalistas del BNG mantuvieron más o menos los votos respecto a los comicios de 2008, mientras que los de IU duplicaron e incluso triplicaron en algunas zonas concretas a costa de los socialistas.

Los votantes de la comarca Ulla/Umia han decidido otorgar el poder de la, durante muchos años, área más roja de la provincia de la Pontevedra a la marea azul del Partido Popular. Los conservadores liderados por Mariano Rajoy consiguieron el mayor número de votos en Caldas, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Valga y Portas hunidendo al PSOE que ya había salido “tocado” de los comicios municipales del mes de mayo. Los conservadores arrasaron en las urnas incluso en Caldas y Catoira que son los únicos ayuntamientos que consiguen seguir siendo gobernados por los socialistas. En otros municipios como el de Valga la victoria de los conservadores fue abrumadora, llegando incluso a casi cuadriplicar los apoyos que el electorado dio a la izquierda. Bien es cierto que al menos en los que a elecciones generales se refiere en esta comarca siempre se había mantenido fiel al voto conservador, una tendencia que se rompía convocatoria tras convocatoria en las municipales.
Sin embargo, y tras las elecciones de ayer los números hablan por si solos. En Caldas el PP se llevó 3.025 votos frente a los 1.927 del PSOE; 578 del BNG y 159 de IU; en Catoira los populares consiguieron 1.063 votos, frente al PSOE con 732 y el BNG con 316, mientras que Izquierda Unida arañó 93.
Lo mismo ocurrió en en otros ayuntamientos donde los conservadores consiguieron superar el 50% de los votos dejando claro que la “marea azul” ha llegado a todas las esquinas de esta comarca.
En Cuntis los populares lograron arrancar 1.678 votos; el PSOE 855, el BNG 425 e Izquierda Unida 61. Por su parte en Moraña el PP triunfó con 1.561 apoyos frente a los 759 del PSOE, los 352 del BNG y de 27 de Izquierda Unida.
En Pontecesures la tendencia fue la misma con 1.054 votos para el PP; 384 para los socilaistas; 275 para el BNG y 52 para IU.
En Valga los populares cuadriplicaron en apoyos al PSOE con 2.494 votos frente a 757; el BNG se quedó con 390 e Izquierda Unida arrancó 76.
La dinámica se repitió también en Portas con 1.084 votos para los conservadores, 499 para el PSOE, 246 para el BNG y 23 para Izquierda Unida.
Por primera vez en la historia el PP estará presente en todas las instituciones dado que gobierna en la mayoría de los ayuntamientos de la zona Ulla/Umia, en la Diputación provincial, en la Xunta de Galicia y ahora también en el gobierno central.

DIARIO DE AROUSA, 21/11/11

O PP gañou 123 votos; o PSOE baixou 176, e o BNG baixou 26 nas eleccións de 20N en relación coas de 2008.

Houbo unha participación dun 71,75%, que foi xusto un punto porcentual menos que en 2008 que foi dun 72,75%. Os votos nulos foron 28 e os votos en branco 23.

Resultados:
PP 1.054: 57,47%
PSdeG-PSOE 384: 20,93%
BNG 275: 14,99%
EU-V 52: 2,83%
EQUO 12: 0,65%
PACMA 12: 0,65%
UPYD 12: 0,65%
PCPE 5: 0,27%
UCE 3: 0,16%
SAIN 1: 0,05%
CXXI 1: 0,05%

O PP así subeu de 931 votos en 2008 a 1.054 votos, pasando do 50,90 % ao 57,47% dos votos emitidos.
O PSdeG-PSOE baixou de 560 votos en 2008 a 384, pasando do 30,62% ao 20,93% dos votos emitidos.
Tamén baixou o BNG, pois de 301 votos en 2008 pasou a 275, pasando do 16,46% ao 14,99% dos votos emitidos.

Morreu Manolo Pesado.

Aos 75 anos de idade finou no día de hoxe o veciño de Porto, Manuel Pesado González. O velorio é na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá luns, 21 de novembro, terá lugar a misa funeral ás 17 horas na Igrexa Parroquial de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Nota íntegra sobre as inscricións na “Ludoteca Terrorífica” do Concello de Pontecesures.

O 19 de outubro o Concello de Pontecesures anunciou a celebración para o día 31 (foi non lectivo) dunha “Ludoteca Terrorífica” con varias actividades no Centro Social con motivo da celebración do “Samaín”. No anuncio abríase un prazo para a inscripción dos nenos do 24 ao 28 de outubro.

Segundo as informacións con que se contan algúns pais trataron de inscribir aos nenos (tiñan que ser maiores de 4 anos) dentro do prazo concedido pero xa non foi posible pois o cupo xa estaba cuberto ao seguirse o criterio da orde cronolóxica nas inscripcións. Ata aí todo normal.

Pero este concelleiro quere criticar que atópouse con sorpresa que o sábado día 22 de outubro (dous días antes de abrir o prazo) xa había oito ou nove nenos inscritos. En consecuencia vemos que hai familias que teñen un trato diferenciado no noso concello co actual goberno. Os bandos e as publicacións municipais conteñen información e normas para todos e non pode ser que se admitan inscripcións nas oficinas da Casa do Concello antes do prazo xeral aberto para todos e prexudicar logo aos que se queren inscribir en prazo.

Xa non é a primeira vez que ocorre isto co actual goberno. Na ludoteca de verán e antes de publicar o concello os anuncios do seu funcionamento, prazos de inscripción, etc…, xa houbo familias que recibiron a “primicia”, incluso telefónicamente dende a propia Casa do Concello.

Estes detalles, ademais de provocar que nenos ou nenos queden fóra inxustamente das actividades, dan unha mala imaxe da institución. Os favoritismos sempre deben ser criticados.

Solicítase ao concelleiro de educación, Roque Araújo, que adopte medidas para rematar con estas actuacións que restan seriedade as actividades municipais.

Pontecesures, 19/11/11

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures