O xoves, 20 de agosto, as 19:30 horas comezará na Igrexa de Pontecesures a misa previa ao traslado da imaxe de San Roque a Porto.
Ás 20 horas sairá dende a Plazuela a imaxe do santo en procesión, ata deixala na casa de Vieites, a carón do edificio da taberna, (por San Lois, Otero Acevedo, e Carlos Maside) na rúa dos Mariñeiros de Porto, nun pequeno altar instalado para a ocasión.
A imaxen de San Roque permanecerá alí, ata as 12 horas do venres 21, na que sairá a procesión da Praza dos Valeiros ata a Igrexa Parroquial (pola rúas Deputación, Portarraxoi e San Lois) onde ás 12:30 terá lugar a Misa Solemne.
A nutricionista atende os martes na Casa do Concello de Pontecesures.
Todos os martes de 15 a 18 horas, a nutricionista do programa “Concellos Saudables” atende aos veciños de Pontecesures que o desexen no semisoto da Casa do Concello.
Está a ter un grande éxito esta iniciativa, e son bastantes as persoas que acuden para facer consultas sobre alimentación relacionadas coa saúde.
Las aguas como colchón.
La localidad padronesa de A Ponte, celebró ayer tras la cita con la estornela su tradicional concurso de cucaña sobre el río Ulla donde los más osados trataron de mantener el equilibro sobre el palo, con las aguas del río como único colchón. Como siempre, fue todo un divertimento, más que agradecido en la jornada veraniega, con la que A Ponte tomó el relevo del popular juego.
EL CORREO GALLEGO, 17/08/09
O gaiteiro Luis Sanmarco no festival de Caldas de Reis.
Vemos na fotografía con gafas o gaiteiro valgués, que é monitor do grupo cesureño Xarandeira, tocando a gaita no festival folclórico de Caldas de Reis celebrado o pasado 13 de agosto.

O C-4 con André Oliveira, 7º no mundial de piragüismo.
Na final de C-4 do campionato do mundo de piragüismo disputada hoxe no lago Banook da cidade canadiiana de Dartmouth a embarcación española formada por Tono Campos, Yeray Picallo, André Oliveira e José Manuel Sánchez quedaron clasificados na sétima praza.
Noraboa ao palista do Club Náutico de Pontecesures.


