Máis de tres meses e aínda non hai contas da lamprea. Vaia goberno.

O pasado 10 de xuño o BNG solicitou via rexistro no concello a seguinte informacion: contas detalladas da Festa da Lamprea (6 de abril) mais da Feira do automovil 5-6 abril), esta última promovida e organizada dende o concello. A dia de hoxe (10 de xullo)todavia non recibimos contestación algunha, e xa pasaron máis de tres meses dende a sua celebración. ¿Como e posible que aínda non estean feitas? Ou o que é ainda peor, quérenllas ocultar a oposición. Hoxe mesmo foron solicitadas por 2º vez esta semana respondendo a Sr Castro que “xa llas pedira o Sr Rey”. Pero seguen de todas as maneiras sen aparecer.

Esto demóstranos a falla de transparencia que ten o desgoberno de Pontecesures, o que algúns empregaron coma bandeira política nas pasadas eleicións municipais agora que están no goberno esquécense de aplicala.

Para nós é inaceptable e antidemocrático este feito, e ven a demostrarnos unha vez maís a madeira da que esta feita a nosa alcaldesa Maribel Castro.

Esperamos dende o BNG que con toda celeridade nós sexan entregada istas contas requeridas, para poder examinalas e valoralas polo miudo e asi poder informar aos veciños de Pontecesures que teñen todo o dereito do mundo a coñecer en que se empregan os seus cartos .

Pontecesures anima a participar en el programa Concellos Saludables.

El Concello de Pontecesures anima a los vecinos a participar en el Programa Concellos Saludables, con actividades como rutas de senderismo, gimnasia para adultos, talleres de alimentación, aeróbic, juegos predeportivos y demás. Se imparten de lunes a viernes entre las 9:30 y las 13:15 horas. Ofrecen más información en las oficinas municipales.

FARO DE VIGO, 12/07/09

La información sobre las as contas da Festa da Lamprea e a Feira do Automóbil facilitarase no pleno ordinario do 27 de xullo.

No día de onte, foi entregado por parte do concello a Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, o escrito que literalmente dí:

“”En contestación ao seu escrito con rexistro de entrada nº 1.217 de data 10/06/09, solicitando as contas detalladas da Festa da Lampra 2009 e da Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión, comunícolle que na sesión ordinaria do día 27 de xullo próximo se dará toda a información sobre os ingresos e gastos de ditas festas, aínda que estamos á espera de ter algún dato definitivo sobre subvencións

Pontecesures, 11 de xullo de 2009
A alcaldesa””

El BNG exige informes sobre las fiestas de la lamprea y del automóvil.

El BNG de Pontecesures pidió el 10 de junio que el gobierno tripartito le entregara las cuentas detalladas de la Festa da Lamprea y la Feira do Automóbil, celebradas los días 5 y 6 de abril. Transcurrido un mes desde la petición de informes “todavía no recibimos contestación alguna”, lamentan los nacionalistas. Ahora insisten en su demanda, aunque advierten que esta situación “demuestra la falta de transparencia del tripartito”.

FARO DE VIGO, 12/07/09

O clan das churrerías cesureñas.

Cando Ángel decidíu adicarse a vender churros, non podía imaxinar que inauguraba unha tradición que perdura cando xa van alá catro xeneracións

A historia que conta Josefina Jamardo Doce arrinca coma os bos contos, cun «hai moito, moito tempo». Pois iso. Hai moito, moito tempo, un home de Pontecesures bautizado como Ángel decidiu subirse a un camión dos daqueles anos e empezou a percorrer os pobos da redonda de feira en feira vendendo churros. «Non ía tan lonxe coma nós agora, que percorremos toda Galicia, pero aínda andaba», conta a súa neta. Ángel chegaba, por exemplo, a Pontevedra. Non faltaba nas festas da Peregrina. «Alí, chamábanlle Capitán Pirata, pero non sei porqué».
O negocio que o Capitán Pirata se decidiu a montar foi medrando e collendo forza. Con tanta saúde creceu que os fillos de Ángel non o dubidaron e desembarcaron todos na empresa familiar. Da churrería orixinal (foi a primeira que abríu en Pontecesures) saíu un bo feixe de vendedores de churros e de pulpeiros. Nas feiras, a rede tecida polos herdeiros de Ángel medrou aínda máis coa terceira xeración, a de Fina. Ela e os seus irmáns «unha vez que tivemos que buscar a nosa vida, fumos abrindo cada un unha churrería». Ao clan pertencen establecementos con nomes tan recoñecidos como Fina, Patricia, La Cesureña, Jamardo…
O luns, Pontecesures celebrou a Festa do Churro. E alí reuniuse o clan case ao completo. Por que a terceira non vai ser a última xeración de churreiros que dea o pau de todas estas astillas, Ángel. «Del hai fillos, netos e bisnetos a traballar nesto», conta Fina. No seu caso concreto, os seus fillos traballaron durante un tempo facendo churros, pero decidiron deixar o negocio «por que é duro e atoparon vida por outros lados». Unha vida alonxada das feiras e dos sofocos do verán, cando o aceite no que se friten os doces abafa. Dos fríos e das humidades dos invernos pasados por auga. Das noites sen durmir, das longas viaxes de pobo en pobo.
«Algo bo terá que ter», di a entrevistadora. «O que ten é que gustarche», sentencia Fina. E garante que o segredo para que os churros saian ben é «facelos con cariño». «Máis segredos non hai: levan auga, fariña e azucre. E aceite para fritilos, claro», explica. Esa mestura tan sinxela e tan de toda a vida segue a ser un doce apreciado en todas as feiras de Galicia.
Os novos produtos
«Cando o meu avó empezou nisto, o que facía era o churro tradicional», conta Fina. Para darlle guerra aos outros produtos que foron aparecendo no mercado, as novas xeracións de churreiros tiveron que modernizarse, e apareceron os doces recheos de crema, os cubertos con chocolate… «Pero o que se segue vendendo mellor, o que máis segue a gustar, é o churro de sempre», conta esta experta na materia. «Gústalle a todo o mundo. Aos nenos e as parellas xa entradas en anos que cando van á feira levan sempre anque sexa o seu euro de churros».
Fina está convencida de que a súa familia especializouse nun oficio que lle imprime carácter ás feiras e romarías galegas. «¿Qué feira hai que non teña un posto de churros e un posto de polbo? Se non os hai, parece que falta algo. A festa xa non é festa». A súa reflexión ten moito de verdade. Por iso, Fina pode presumir de formar parte dun deses clans que contribúen a facer das romerías e dos mercados galegos eses entornos case máxicos nos que pode pasar de todo.

LA VOZ DE GALICIA, 12/07/09