Os cinco concelleiros do BNG na corporación (Álvarez Angueira, Margarita García, José Antonio Baliñas, Cecilia Tarela e Arturo Ferro) visitaron na tarde-noite de onte as instalacións do edificio do Club Náutico, unha vez rematadas as obras.
Acompañados do presidente do club, Ángel Barreiro, percorreron as distintas dependencias deste edificio de titularidade municipal.
Educación
Prazo de matrícula para alumnado de nova admisión no CPI Pontecesures.
Para os alumnos de infantil e primaria, o prazo é do 20 ó 30 de xuño.
Para os alumnos da ESO, o prazo é do 25 de xuño ó 10 de xullo.
Para matricularse os alumnos deben presentar:
-Impreso de matrícula que se facilita na secretaria do colexio.
-Certificado do pediatra de non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
-Copia da cartilla de vacinación.
-Certificado de empadroamento do concello de solicitarse transporte escolar.
Sociedade
O luns 23 de xuño, noite de San Xoán, Panorama e Tambo en Cordeiro.
A verbena que se ía a celebrar o pasado día 15 de xuño en Cordeiro por mor da festa do Santo Antón quedou aprazada pola choiva. O luns 23 de xuño celebrarase definitivamente coa actuación da grandes orquestras Panorama e Tambo.
donde comer
Restaurante Carabela de Pontecesures.
O Café Bar Restaurante Carabela (R/. San Lois nº 28, tfno: 986-557508) é unha clásica casa de comidas en Pontecesures.
O menú do diario ten un custo de 7 ?, mentres o menú especial de fin de semana (ameixas, polbo e churrasco) ten un prexo de 10 ?.
Concello
Subvención para Educación de Adultos en Pontecesures.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ben de conceder ó Concello de Pontecesures unha subvención de 4.500 ? neste 2008 para a impartición de clases de adultos cara á obtención do titulo de graduado da ESO.
Estas clases, desenvolvense polas tardes-noites no CPI Pontecesures e comezaron en outubro de 2007, 25 persoas. Están a ser impartidas por dúas diplomadas en Maxisterio.
Deportes
Marcos Serrano encabezará o domingo a Marcha Cicloturista Arousa, que pasará por Pontecesures.
O Club Ciclista Xiabre ultima esta semana os preparativos da decimoterceira edición da Marcha Cicloturista Arousa. Unha proba que este ano contará cun invitado de luxo.
O profesional galego Marcos Serrano encabezará o domingo a cita arousá, traendo ata a bisbarra a un dos poucos ciclistas galegos que poden presumir de ter gañado unha etapa do Tour de Francia (no ano 2005). A victoria parcial na ronda gala encabeza o brillante palmarés de Serrano, que arrinca en 1998 co trunfo na Clásica dos Portos, continúa un ano despois co primeiro posto na xeral da Volta a Galicia, na que gañou unha etapda, para engadir no 2001 a xeral da Volta a Castela e León e no 2004 a Milán-Turín. Kelme, ONCE, Liberty Seguros e, a tempada pasada, o Karpin Galicia, foron os equipos de lustre nos que Serrano foi desenvolvendo a súa exitosa carreira deportiva.
A Marcha Cicloturista Arousa contará cun trazado libre de 15 quilómetros (entre Carril e Fontefría) e outro oficial de 110, con saída na Praza de Ravella de Vilagarcía ás nove e media da mañá. Desde aí comezaráse unha rota por Catoira, Pontecesures, Caldas de Reis, Vilagarcía, Carril, Abalo, Fontefría, Alto de Meda (642 metros), Fontefría, Vilagarcía, Alto de Ande, Mosteiro, Alto de Lois, Barrantes, Vilariño, Cambados e, de novo, a Praza de Ravella da capital arousá, a onde se prevé que chegue o pelotón a iso das dúas da tarde a unha velocidade media de 25 quilómetros por hora.
A inscripción segue aberta
A proba está limitada a ciclistas a partir de 15 anos cumpridos ao longo do 2008, cun máximo de 150 participantes, aos que a organización agarda chegar. Os interesados poden inscribirse o mesmo día da proba, ou ben a través da páxina web www.estevezseven.com. O custe da participación é de 15 euros.
LA VOZ DE GALICIA, 20/06/08