Non poido ser e as nenas alevíns pederon ante un equipo superior coma é o Arxil. Notouse que é un equipo no que as suas nenas levan xuntos arredor de 4 anos. E notouse no campo: a maior veterania e oficio das pontevedresas decantaron o partido dende o inicio.
An nosas nenas empezaron ben o partido, que se xogou en 3 periodos de 8 minutos en cada parte: No primeiro cuarto as diferencias eran minimas para as do Arxil. Rematou o 1º periodo 3 – 8. Pero dende o inicio do 2º cuarto ata o descanso as nosas nenas desapareceron da pista. Dun 5 – 10 pasouse a un 5 – 32 no descanso. As nenas do Extrugasa acusaron a presión e derumbaronse.
Na 2ª parte poidereon sobrepoñerse e inda que tarde, foron capaces de sacar a “casta” e empezar a loitar con mais garra cada rebote, a buscar mais tiros a canasta e a defender coma as pontevedresas. Así o parcial na 2ª metade foi dun 15 -30, resultado mais lóxico.
De todolos xeitos este resultado no partido non supon ningún fracaso, pois equipos con mais nome non chegaron a disputar esta final.
As anotadoras do Extrugasa foron: Ega Gerpe (7), Raquel Diz (7), Sandra (4), Raquel Lafuente (2).
