O venres día 5 de outubro ás 20,30 horas, Manoel Xosé de Oliveira, presenta o seu libro «RETAZOS DE ESPERANZA» ,Poemario de silencios, no Centro cultural «Nautilius» de San Andrés de Comesaña (Vigo), intervindo no acto Amante Romero Alvarez, Andrea Fernández Maneiro, Xermán Torres de Aboal e Severino Cardeñoso Alvarez.
Manuel Olveira, nado en Vilagarcía de Arousa, foi durante bastantes anos policía local de Pontecesures xubilando por enfermidade en 1999. Deixou unha grata lembranza entre os traballadores do concello que celebran agora a súa adicación ás actividades artísticas.
Deportes
O neno cesureño Alejandro Mosquera Lestido gaña a carreira «Santa Minia» de Brión en categoría masculina.
Este neno de 9 anos, coñecido como «Alex», e que reside na rúa Miguéns Parrado gañou esta carreira, na categoría benxamín, disputada este fin de semana.
Tamén obtivo o segundo posto na carreira senior de Brión o cesureño, que agora reside no municipio de Valga, Alejandro Pesado.
Na Prensa
Nueve personas resultan heridas en un accidente en la AP-9 en Pontecesures
Nueve personas resultaron hoy heridas de diversa consideración en un accidente de tráfico registrado en la autopista AP-9 a su paso por el término municipal de Pontecesures (Pontevedra), pero sólo tres tuvieron que ser evacuadas a un centro hospitalario por sufrir traumatismos cervicales.
Sociedade
Accidente de circulación dun dos adestradores do CB. Pontecesures
O venres 28 de setembro sobre as 22,45 horas cando circulaba o vehículo de Alberto Solla Barreiro pola estrada nacional N-550 en dirección Valga-Pontecesures, colisionou con outro que saía da estación de servicio de Redondo. O impacto foi espectacular e o vehículo de Alberto Solla volcou quedando coas catro rodas para arriba.
No hospital ??La Rosaleda? de Santiago permanece Alberto dende o venres con danos na zona das cervicais (non parecen de gravidade), mentres o outro conductor resultou ileso.
Desexamos un pronto restablecemento de Alberto Solla, que é adestrador de categorías inferiores do equipo de baloncesto de Pontecesures.
Deportes
Atletas de Pontecesures correrán en Cee a I Carreira Popular Costa da Morte
Hoxe no diario El Correo Gallego mencionan, inda que sen concretar, a atletas de Pontecesures, nunha nova onde informan sobre a I Carreira Popular Costa da Morte que se celebrará o vindeiro 14 de outubro do 2007:
(más…)
Na Prensa
Investigan el robo de un bolso con 6.000 euros en Pontecesures.
La Guardia Civil investiga un robo que se produjo en los últimos días en el edificio Virxe do Carme de Pontecesures. Una vecina del inmueble denunció que un desconocido le sustrajo un bolso en el que, entre otras cosas, guardaba una cantidad cercana a los .