Ten só 14 anos e un prometedor futuro. Adriana Rivas estuda no centro de Pontecesures e pertence ao grupo Algueirada. Esta fin de semana viaxa a Bandeira, en Silleda, para participar no primeiro certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo.
-¿Cando comezou?
-Empecei coa frauta aos seis anos. E a miña primeira gaita mercáronma no 2000, cando tiña oito anos, así que levo seis tocando.
-E tocando moi ben, seica.
-Home, si, toco ben.
-¿De onde vén esta paixón?
-Non sei. A min xa dende pequeniña gustábame moito tocar. Ía escoitando cancións e ía quitándoas.
-¿De oído?
-De oído, pero agora vou tamén a clase de solfeo.
-Oído ben fino, xa que logo.
-Si, bastante fino, é certo.
-Dígame, ¿que tal o certame?
-Sei que vén xente de moito prestixio como Edelmiro Fernández ou Dani Bellón…
-¿? o seu primeiro concurso?
-Noon, non hai moito, en abril, dous días antes do meu cumpreanos, fun ao meu primeiro concurso.
-Moitos nervios…
-Pois non. Alí estaba como sedada. Ensaiara moito, por iso estaba moi tranquila, e as cancións saían soas. Os meus pais estaban máis nerviosos ca min. E mesmo o meu profesor, Miguel Castaño, que está seguido apoiándome; pero eu non.
-¿E como ve o seu futuro coa música? ¿Como profesional, se cadra?
-A ver, ao final non sei se, por circunstancias da vida, poderei dedicarme por completo, pero o que lle digo a todo mundo é que quero ser gaiteira. Se cadra teño que facer outro traballo, pero hei seguir coa gaita ata que morra, iso é seguro.
-O certo é que exemplos coma os de Seivane ou Pato demostran que as mulleres si poden abrirse camiño neste mundo.
-Podemos, si. ? verdade que hai máis rapaces. Pero eu teño algunhas compañeiras que tamén tocan a gaita. Logo, xa veremos.
LA VOZ DE GALICIA 16/06/2006
La Consellería de Medio Rural acordará una denominación de origen para los nueve concellos de las Riberas de Arousa que quedaron excluidos de la Denominación de Orixe Rías Baixas, según anunció esta tarde en el Parlamento el director xeral de Calidade Agroalimentaria de la Xunta, Antonio Oca.
