Os Populares de Pontecesures no comezo do curso político do partido en Cerdedo/Cotobade.

Novas anteriores · páxina 5


O vindeiro sábado, por fin, o goberno de Maite Tocino vai a celebrar a festa da bicicleta… esa que en setembro do ano pasado quedou “aparcada” polo mal tempo. Á meteoroloxía xa lle tocou facer de excusa oficial para as obras, e agora tamén para a festa da bicicleta. A destacar o tono “institucional” da alcaldesa cando se lle pregunta polo particular.
POPULARES DE PONTECESURES

A Liga Provincial de Pontevedra «O Noso Club 2026» afronta este domingo, en Pontecesures, unha última xornada decisiva: só 30 puntos separen ao líder do quinto clasificado, o que garante un final moi apertado.
O Club Náutico Pontecesures mantén o liderato con 280 puntos, pero O Muíño de Ribadumia pérsegueo con 255. Portonovo é terceiro con 254, o Club de Mar Ría de Aldán-Gandón ocupa a cuarta praza con 252, e o Club As Torres-Romería Vikinga ascende á quinta posición con 250 puntos.
Estes datos son o resultado da quinta e penúltima xornada, disputada con 384 deportistas de 18 equipos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, con percorridos de 1.500 metros. O Club As Torres-Romería Vikinga, que acudirá a Pontecesures con opcións de pelexar polas prazas de privilexio, sumou 7.786 puntos na xornada, superando ao Náutico Pontecesures (7.491) e ao Muíño de Ribadumia (6.442).
A clasificación por equipos rematou con Portonovo en cuarta posición (6.087 puntos) e a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra en quinta (4.387).
Entre os resultados individuais destacan as vitorias de Mark Cabaleiro (CMDC Breogán do Grove) en prebenxamín K1 masculino, Isaura Tobío (As Torres) en prebenxamín feminino, Roi Torres (Mar de O Grove) en benxamín B masculino, Mariña Freijeiro (Náutico de Cobres) en benxamín B feminino, e Gabriel Fuentes (Escuela de Piragüismo Cidade de Pontevedra) en alevín A K1 masculino.
Todo apunta a que a última xornada, que se celebrará nas augas do río Ulla en Pontecesures, será unha auténtica final de campionato.
Fonte: Faro de Vigo

El pasado mes de enero el Concello de Valga anunciaba la entrada en servicio de un paso de peatones en la carretera N-550, a la altura de Ponte Valga, regulado por un semáforo con botón pulsador táctil, mediante el que mejorar la accesibilidad y seguridad de los viandantes.
Faro de Vigo

Participantes no certame Anguía Chef en Valga.
Oconcurso de receitas Anguía Chef xa ten gañador. A veciña de Pontecesures, Sonia Carbia Torres alzouse co primeiro premio do certame, celebrado o luns no marco do Agosto Gastronómico. A súa proposta, unha croqueta desestruturada de anguía, conquistou ao xurado grazas a súa orixinalidade, trato e sabor.
Porén, non foi a única elaboración boa. O xurado, encabezado polo chéf Álex Iglesias, tivo complicada a selección. Produciuse un triplo empate con outras dúas receitas: a Anguía crocante do Ulla de Pablo Quintáns e a Anguía ao forno de Jorge Riveiro.
En total foron seis os participantes do certame. As tres propostas restantes foron Entremeses variados de Anguía, de José Andrés Freiría, Anguía guisada con pan ao azafrán, de Carmen García e A coca da avoa Pilar, de Remedios Couselo. O xurado destacou que «houbo moita calidade» e que a decisión final foi complicada. As actividades continuarán este domingo cun showcooking ás 13.00 horas.
La Voz de Galicia