Magosto da Asociación “San Roque” de Porto no barrio do Souto.

Será no barrio do Souto (a carón da palmeira do lugar) o sábado 8 de novembro a partires das 20:00 horas, con carpa, castañas de balde, sorteos e moito máis.
Actuacións: DISCOTECA MÓVIL CHOCOLATE & MARCOS MAGÁN
Ana Pontón tamén fixo a fotografía no interior da Casa do Concello.

Hoxe analicei coa alcaldesa Maite Tocino e o seu equipo as prioridades do concello de Pontecesures.
O Baixo Ulla precisa o apoio da Xunta e por iso propoñeremos nos Orzamentos 2026 un plan específico para o desenvolvemento desta zona cun investimento de 10 millóns en dous anos.
Ana Pontón
Finou Manuel Álvarez Camino.
Aos 94 anos de idade morreu este veciño da rúa Nova de Pontecesures que estaba casado con Avelina Angueira Bande. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá luns, a partir das 16:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Camposanto Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

