Nestes dias estase a dar unha nova estafa na nosa comarca: Alguén chama por teléfono e di que chama de parte de Telefónica (ALGO COMPLETAMENTE FALSO, QUE SE PODE COMPROBAR CHAMANDO ? N?MERO 1004 DE INFORMACION DE TELEF?NICA).
A persona en cuestión dilles que por ser clientes da compañia e non ter problemas de cobro do recibo teléfonico pois que lle van a regalar un teléfono mobil, a escoller entre varios modelos. PARA SOLICITALO DINLLE QUE CHAMEN A UN N?MERO QUE LLES FACILITA E QUE EMPEZA POR 807.
Quen chame a dito número corre o risco de que lle veña incrementada a próxima factura pois esas chamadas son moi caras e o diñeiro vai para a “empresa” que pideu ese teléfono.
Que teña coidado a xente maior e os rapaces mais xóvenes, pois son colectivos fáciles de ser estafados.
O mellor para asegurarse é chamar a ese 1004 de Teléfonica logo de recibir esa outra chamada. Alí lles dirán que non hai nada de certo nesa “promoción”.
A unha da madrugada o golf B-1233-KG que ía pola estrada nacional en dirección a Padrón a gran velocidade derrapou e colisionou contra o petril de pedra que vai por riba do paso peonil que une o aparcadoiro da antiga Casa Castaño coa rúa Cantillo, e contra o valado quitamedos que protexe o cruceiro de San Xulián xa preto da estación de servizo da ponte. Caeron dúas grandes pedras (unha polo talud, e outra ao camiño) e quedou outra arriba tambaleante con gran risco de caída. Tamén foi derrubada unha pequena columna das catro que protexen ao cruceiro cunha cadea. Este concelleiro avisou ao Servizo de Mantemento da Unidade de Estradas de Pontevedra e innmediatamente se retirou a pedra ameazante e foi sinalizada a zona. Maña serán colocadas as pedras do petril e arranxada a parte que afecta ao cruceiro.