Proposta do grupo de goberno de Pontecesures ao pleno sobre o albergue de peregrinos.

CESI?N Á S.A. DE XESTI?N DO PLAN XACOBEO DE PARCELA NA R?A AVELINO POUSA ANTELO CON DESTINO A CONSTRUCCI?N DUN ALBERGUE DE PEREGRINOS

Con data 13/11/09 tivo entrada neste Concello co nº 2.256 un escrito do Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de data 12/11/09 e con nº de saída 233, no que se solicita a cesión gratuita dun terreo situado na rúa Avelino Pousa Antelo de Pontecesures, a carón do Camiño Portugués e onde se atopan as antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures xa desafectadas, a dita sociedade para a súa dedicación a albergue integrándose na rede de albergues.

Así, logo de tramitarse as agregacións e segregacións nunha parcela municipal de carácter patrimonial, con data 21/12/09, acordouse a incoación deste expediente de cesión da propiedade, abríndose un período de información pública, coa inserción dun anuncio do BOP nº 245, do 22 de decembro de 2009, sen que nos quince días concedidos se presentasen alegacións ou reclamacións.

Analizados os artigos 109 e 110 do Regulamento de bens das corporacións locais (R.D. 1.372/1986, de 13 de xuño), as características da institución cesionaria integrada por capital público en canto ao obxecto social da mesma, e valorando que é moi positivo para este municipio que se constrúa un albergue de peregrinos dende o punto de vista económico, cultural, asistencial e turístico, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

1-Ceder gratuitamente á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, para adicar a albergue de peregrinos, integrado na Rede de Albergues, o seguinte ben:
Parcela de 721,97 m2 cos seguintes lindeiros: norte, terreo municipal e nave municipal da escola obradoiro; sur, rúa Avelino Pousa Antelo; leste, nave municipal da da escola obradoiro e terreo municipal, e oeste, terreo municipal. Do total da superficie, 191,97 m2 pertencen ás antigas escolas de mestres do CPI Pontecesures. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 788, libro 32, folio 157, finca 3.591 é non ten carga algunha. Catastralmente está integrada na parcela de referencia 89020001NH2380S0001YH.

2-Remitir certificación deste acordo á S.A de Xestión do Plan Xacobeo aos efectos oportunos, facultando á alcaldía para a sinatura e aprobación dos documentos correspondentes para tramitar esta cesión e para que se constrúa o albergue de peregrinos coa maior celeridade.

Pontecesures, 13 de xaneiro de 2009

El Concello planteará a la Xunta la posibilidad de constituir un Grumir en la localidad.

El Gobierno local solicitó una entrevista con el director xeral de Emerxencias para insistir en la petición de una ayuda económica para reparar la base de Protección civil, además de plantearle la posibilidad de crear un Grumir en la villa, necesario, sobre todo, de cara al año Xacobeo.
El concejal Sabariz, explicó que con motivo de la actual situación de este servicio y con el objetivo de potenciarlo, mantuvieron una reunión con los miembros de la agrupación local de voluntarios la pasada semana. De este encuentro, añadió, los responsables municipales extrapolaron una serie de asuntos que les presentaron y que desde el concello también consideran importantes.
Así, pidieron el encuentro con Santiago Valenzuela, para plantearle, entre otras cuestiones, la necesidad de que la Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, que gestiona, conceda una ayuda económica a la administración local para reparar las deficiencias que, asegura, presenta la base de la agrupación, la cual está ubicada junto a la Plaza de Abastos: así como para la ampliación de su garaje «para que poida acoller o vehículo contraincendios».
El encuentro servirá también, según Sabariz, para que Valenzuela resuelva algunas de las dudas que tienen los responsables municipales sobre la creación de los Grumir. Y es que, el Ejecutivo cesureño planteará la creación de uno de esos grupos de intervención rápida, pues considera que es necesario dar respuesta a las emergencias de la localidad y que sería este un buen año, teniendo en cuenta que Pontecesures es paso obligado para los peregrinos del Camiño Portugués a Santiago, o los usuarios de la Ruta Marítimo Fluvial y que, seguro, se incrementarán en número con motivo del Año Xacobeo.
Pero además,, los responsables municipales apelan a otras cuestiones como el paso de carreteras autonómicas y nacionales por la villa, las cuales soportan un importante paso de vehículo, camiones, etc…A lo que añaden los pasos a nivel en las vías férreas o los diferentes eventos que se celebran en el municipio.
Sabariz y sus compañeros del Equipo de Gobierno esperan que el director xeral de Emergencias e Interior tenga en cuenta su solicitud, los reciba con la mayor prontitud posible y que tenga en cuenta sus propuestas en materia de Protección Civil y, sobre todo, las referentes a las mejoras en la sede de los voluntarios y la habilitación de un Grumir, como en su momento solicitaron a los responsables de la FEGAMP.

DIARIO DE AROUSA, 12/01/10

Contestación á nota do BNG de Pontecesures sobre o albergue de peregrinos.

En relación coa nota emitida polo grupo municipal do BNG, que manifesta que o equipo de goberno de Pontecesures non quere un centro de día porque os terreos das antigas escolas dos mestres se van adicar á construcción dun albergue de peregrinos, contéstase o seguinte:

1-Teñen os nacionalistas un descoñecemento absoluto en canto ao patrimonio municipal. A Consellería de Educación nunca cedeu a titularidade das escolas do CPI Pontecesures ao noso concello. Por unha razón elemental: porque sempre foron do concello, (e así figuran inscritas no seu inventario de bens) aínda que estaban afectadas como ben de servizo público a un uso educativo. O que fixo a consellería en novembro 2006 foi autorizar a desafectación, en base a un acordo plenario de 28/10/05 e a que todos os mestres habían entregado as chaves das vivendas ruinosas. Por certo; o goberno anterior deixou abandonado o expediente pois nin tramitou a desafectación algo que se está a facer agora.

2-Falan moito agora os nacionalistas do centro de día nesas instalacións. Cando era alcalde o Sr. Álvarez Angueira, o Sr. Quintana en prometeu nunha visita a Pontecesures o centro a bombo e platillo, pero aínda que estivo dos anos máis na Vicepresidencia, nada de nada. Sí enviaron o informe do anteproxecto presentado polo concello e incluso o Sr. Diz máis eu entrevistámonos en Vigo co antigo delegado de Vicepresidencia, pero falaban de estudos demográficos, de posibles usuarios, de que hai outros centros preto, etc…

3-O espazo das vivendas en cuestións (para un centro de día habería que derrubalas totalmente) resulta realmente escaso, segundo as consultas técnicas realizadas, para adicar ao fin do que fala o BNG.

4-? custo da obra do centro supera os 705.000 euros, segundo o orzamento presentado en 2007. Para construilo agora habería que realizar unha achega do 30% (alomenos esas son as cifras que se manexan)e que a Xunta asuma o 70%. Realizáronse algunhas xestións coa nova Xunta, pero non hai indicio algún de que se invista agora esa cantidade pola administración autonómica (recortes importantes nos orzamentos). Ademais habería que plantexarse o importante custo que tería a prestación do servizo na situación económica de diminución de recursos que teñen os concellos.

5-Xurdiu así o tema do albergue, investimento moi importante tamén para Pontecesures por razóns económicas e turísticas. Non debe esta vila quedar á marxe do Xacobeo 2010 perdendo una ocasión histórica para contar cun albergue. Non podemos seguir con unas vivendas ruinosas a carón do CPI Pontecesures. Os problemas de seguridade e os «ocupas» obrigaron non hai moito a tapiar as xanelas, e na actualidade os edificios presentan un aspecto lamentable.

6-Claro que tamén é importante mellorar o Camiño Portugués ao paso por Condide e Carreiras. De feito, está presentado ao rematar 2007 un proxecto valorado nada menos que en 1.385.000 euros para ese tramo (afundindo cableados, con zonas axardinadas, mobiliario urbano, unha marabilla, vamos), pero a S.A de Xestión, dalle prioridade agora aos albergues nestes momentos de crise.

Como conclusión hai que dicir que non hai dilema entre albergue e centro de día. O primeiro á factible, o segundo polo de agora non. Por suposto que isto non significa que o centro non se poda construir máis adiante noutros terreos, de tomar a decisión a Xunta de Galicia.

Pontecesures, 29/11/09
O concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures
Luis Ángel Sabariz Rolán

Incidencias polas fortes choivas desta mañá.

Debido á acumulación de auga, houbo corte de tráfico perante tres horas na ponte baixo á vía do tren que une o peirao coa rúa Carlos Maside. Nesta última rúa houbo moita auga que non era evacuada polas tubarías de pluviais que viñan cheas. Hai bastantes problemas no saneamento da zona que hai que solucionar.
Por outra banda, hai que salientar que desplomouse un salgueiro no camiño portugués, practicamente na intersección da pista que vai a Cedelo co Camiño do Regadio. Esta apoiado nunha viña e mañá procederase o seu talado.
Tamén mañá seran reparados dous brazos de alumeado público que se soltaron do poste por mor do forte vento. Un na Paxareira e outro na rúa Fontaíña de Porto.

A asociación cultural Piñeiróns edita unha unidade didáctica sobre o Camiño Xacobeo Marítimo.

A guía divídese en 4 bloques e complementada por actividades

A asociación cultural Piñeiróns de O Grove elaborou unha unidade didáctica moi detallada sobre o Camiño Xacobeo Marítimo, co nome de «A ruta das Illas Cassitérides».
Este traballo consta de case un cento de páxinas, onde unha parella de peregrinos deciden percorrer o camiño de Santiago seguindo a singradura galega que, conta a lenda, levaron os discípulos do Apóstolo no seu traslado ata Iria Flavia, desde A Guarda ata Pontecesures para despois, alí, continuar a pé ata o sepulcro seguindo o Camiño Portugués.
A unidade didáctica está dividida en catro bloques, nos que se ofrece unha completa información histórica, etnográfica e natural de todas as illas que se atopan entre as desembocaduras dos ríos Miño e Ulla.
Cada un destes bloques leva un compendio de actividades para os rapaces, coas súas respectivas solucións, xa que o principal obxectivo que se persegue coa edición deste traballo é que sexa utilizado nos centros de ensino.
Toda esta información vese complementada con varios mapas, un importante número de fotografías e bibliografía.
De feito, a asociación Piñeiróns leva anos traballando na potenciación da Ruta Xacobea Marítima e Fluvial co fin de que sexa ampliada moito máis alá da desembocadura do río Miño, extendéndose ás costas portuguesas, tese que recentemente apoiou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, como unha importante posibilidade para impulsar a ruta.
Literaria
O traballo está redactado en clave literaria para facer más accesible a súa comprensión aos rapaces.
Así, a parella inicia a súa andadura nunha dorna xeiteira, decidindo visitar todas as illas que atopen polo camiño.
Despois de facer unha parada na Illa de Insua, ubicada na desembocadura do río Miño, poñen rumbo ás Cíes, non sen antes parar no Mosteiro de Oia «que foi fortaleza e sos seus monxes fixeron fronte a numerosas invasións». Durante esta viaxe van pasando as illas que existen nas rías de Vigo e Pontevedra ata chegar á de Arousa, onde a parada obrigada os leva a Sálvora, Sagres, Noro, Rúa, Arousa, Areoso, Malveiras e Cortegada.
Xa en Carril, os peregrinos vense na obriga de pór un pequeno motor á dorna para remontar con facilidades o río Ulla «onde, ao carón de adentrarse por un singular paraxe natural ata Pontecesures, aproveitan para visitar as Torres de Catoira, o muíño de mareas do Cura e os muíños de vento de Abalo».
A dorna xeiteira queda amarrada en Pontecesures para continuar camiño ata Compostela.

FARO DE VIGO, 03/10/09

Sendeirismo: Tramo do Camiño Portugués de Valga e Pontecesures.

O sábado, día 3 de outubro desde CONCELLOS SAUDABLES, en colaboración coas Agrupacións de Protección Civil de Valga e Pontecesures, organízase unha ruta de sendeirismo que percorrerá o Camiño Portugués, dos concellos de Valga e Pontecesures (uns 8 quilómetros).
A saída será en O Pino-Casalderrique, cruce de Cuntis, ás 17:15 horas e a chegada está prevista para ás 19:30 na ponte romana interprovincial.