Pontecesures despide os campamentos de verán cunha festa para a rapazada.

Onte foi o acto de clausura dos campamentos de verán, nos que unha media de 52 crianzas puideron desfrutar nos meses de xullo e agosto.

O acto consistiu nunha gran festa «Medieval» na que moitos nenos e nenas disfrazáronse para a ocasión, queréndolle dar continuidade aos “viaxes no tempo” que levou as crianzas a coñecer diferentes culturas durante os o campamento.‍

Os concelleiros de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas e a concelleira de Igualdade e Medioambiente, Pilar García Dios, desplazáronse a celebración nas instalacións anexas ao pavillón polideportivo municipal.

Concello de Pontecesures

Vilar gaña o concurso Embelecer Valga grazas ao Miradoiro da Perdiz.

O Concello repartiu 600 euros en premios máis 150 para o mellor mantemento

Oconcurso Embelecer Valga xa deu a coñecer os seus gañadores o pasado sábado na entrega de premios da edición número 33 da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. O certame contou ca participación das 19 parroquias que compoñen o concello valgués e as tres premiadas foron Vilar, como proxecto mellor valorado, seguido de Canle na segunda posición e por último Vilariño foi premiada polo mellor mantemento. Cómpre lembrar que nestas actividades de reforma e acondicionamento dalgúns espazos da parroquia, o obxectivo é implicar á cidadanía no coidado dos lugares públicos, acometendo proxectos de mellora e accións de limpeza grazas a aportación do Concello que, unha vez aproba o proxecto que presentan os veciños, é o encargado de proporcionarlle os materiais necesarios para as obras a realizar.

As obras premiadas

A parroquia de Vilar foi a máis votada polo xurado grazas ao seu proxecto de mantemento e acondicionamento no parque, no Campo Labeiro e no Miradoiro da Perdiz. Este último é un dos máis destacados, coa presenza dun corazón de ferro rodeando o banco do miradoiro. A obra contou ca participación dunha quincena de veciños e durou preto de dous meses. A principal complicación, segundo contan os participantes da parroquia gañadora, é a de compaxinar esta actividade co seu traballo, polo que moitos deles non podían colaborar todos os días. Os veciños involucrados no proxecto tamén expuxeron que é unha actividade que xera moita piña entre os veciños e crea moi bo ambiente entre eles. Ademais, tamén cumpre o propósito de concienciar á xente da colaboración de veciñal na limpeza e coidado das rúas. No caso de Vilar xa gañou hai uns anos ca reforma do parque. A recompensa foi de 300 euros.

O segundo premio, dotado con 200 euros, foi para Canle, cun parque que chama a atención nada máis velo. En Valga, todos os parques arranxados polos veciños teñen grellas e mesas con bancos para poder xantar neles, pero este ten ata piscina con hamacas incluídas. O espazo tamén conta con dúas porterías e un par de canastras e con carteis que piden aos que o visitan que o manteñan limpo: «Yo bebo y limpio, tú bebes y limpias».

En canto ao recoñecemento polo mellor mantemento, a aldea premiada con 150 euros foi a de Vilariño polo coidado do seu parque. Este tamén contaba con grellas e é un espazo perfecto para algunha festa ou celebración. Unha característica bastante destacada son as pinturas das macetas ou algunhas representación da paisaxe feita sobre as paredes. O terceiro clasificado do certame foi Barro grazas aos traballos da ampliación do local social e o acondicionamento do parque, polos que recibiron unha retribución de 100 euros. O certame foi todo un éxito e volveu a amosar que cando os veciños poñen da súa parte poden facer grandes cousas e conseguir que Valga luza fermosa e impoluta.

La Voz de Galicia

O Santiaguiño enche Padrón durante unha semana de espectáculos para todos os públicos.

Leilía, Ruxe Ruxe e versións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío, entre os concertos programados

As actuacións de Xoán Curiel e de Uxía Lambona son dous dos atractivos para a cativada, que terá a súa festa o 24 pola tarde

O martes 25 celébrase a tradicional romaría no monte Santiaguiño, tras subir o santo en procesión

Sardiñada da romaría do Santiaguiño

Sardiñada da romaría do Santiaguiño

As festas do Santiaguiño encherán Padrón de actividades para todos os públicos dende este luns, día 17, ata o 25 de xullo, cando se celebrará a tradicional procesión do santo e a romaría no monte San Gregorio. As actuacións de Xoán Curiel e Uxía Lambona son dous dos espectáculos pensandos para a cativada, que terá a súa festa o luns 24 pola tarde. Os amantes dos concertos poderán gozar cos de Ruxe RuxeLeilía e as vesións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío. O amplo programa inclúe tamén a entrega do premio Peregrino de Honra a José Antonio de la Riera, o venres 21.

A maxia terá un papel destacado no programa do Santiaguiño 2023, cos espectáculos Rock’n’Magic do Mago Teo (luns 17, 21.30 horas) e o do Mago Antón Mil maxias máis (venres 21). O Mago Antón vai ofrecer cinco actuacións na travesía do Campo da Feira (detrás do campo de fútbol) ás 11.00, 12.00, 19.00, 20.00 e 21.00 horas con aforo limitado, polo que é preciso retirar entrada no centro social.

Procesión do santo no monte San Gregorio

Procesión do santo no monte San Gregorio.

Nenos e nenas tamén poderán gozar cos espectáculos para público familiar de Xoán Curiel e a Banda do Verán (martes 18) e co de Uxía Lambona e a Banda Molona (xoves 20), os dous ás 21.30 horas na praza de Macías.

O venres comezan os grandes concertos do Santiaguiño coa actuación de Leilía (22.30) e Quinkillada (medianoite), ambos no Campo do Souto, e o do DJ Traffic House (01.30) no Espolón. O sábado actuarán Chroma, coas súas versións dos anos 80 e 90 (23.00) e o DJ César Sánchez (01.00) e o domingo será o turno da banda folk Os D’Abaixo (21.30).

O fundador da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS) e da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), José Antonio de la Riera Autrán, foi distinguido este ano do premio Peregrino de Honra. O alcalde, Anxo Arca, entregaralle o venres o galardón Padrón, Berce do Xacobeo, durante o acto oficial que se celebrará na igrexa de Santiago a partir das 12.00 horas.ç

Festa infantil o luns 24

A cativada ten reservada a súa festa para o luns 24, coa celebración do parque de lecer infantil. Entre as seis e as nove da tarde poderá gozar cos inchables, pista militar, a selva, guay paut con piscina, tobogán de auga, búfalo mecánico e moitas atraccións máis.

O grupo folclórico Rosalía de Castro actuará ás 18.00 no paseo do Espolón, e as 19.00 celébrase un desfile e concurso asnal, antes de que o espectáculo de acrobacias O burro Marcial faga as delicias de todos os que se atopen na praza de Macías ás oito da tarde. Ao rematar (20.30) o Circo Krasnovarak pediralle a pequenos e maiores polas rúas de Padrón que axuden a Nika a atopar os animais perdidos do circo.

Os concertos de Somoza Trío, coas súas versións pop rock dos anos oitenta e noventa (22.30 horas) e o DJ Carlos López (00.30) pecharán o programa do luns 24.

Romaría no monte San Gregorio

Romaría no monte San Gregorio.

Día do Santiaguiño

O día grande do Santiaguiño, 25 de xullo, os actos comezarán ás 10.30 horas coa tradicional procesión coa imaxe do santo dende a igrexa parroquial ata o monte San Gregorio. A comitiva irá acompañada polos grupos de gaitas O Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e Os Mersenarios. Ao mediodía celebrarase a misa no monte Santiaguiño, e a solemne será ás 13.00 horas, cantada pola Coral Polifónica Padronesa.

O Concello ten habilitado un servizo de transporte gratuíto para que persoas con mobilidade reducida podar participar na romaría. Haberá saídas dende o Campo do Souto cada media hora de 11.30 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As baixadas dende o Santiaguiño serán, tamén cada media hora, de 11.45 a 15.15 e dende ás 17.15 ata as 20.15 horas.

O romaría do Santiaguiño comezará ás 12.30 horas coa tradicional sardiñada, e o reparto gratuíto de pan de millo e dos bolos preñados.

As actividades divertidas para os máis pequenos comezarán ás 16.30 horas, con animación, inchables de auga e moitas máis sorpresas.

A baixada en procesión do santo dende o monte Santiaguiño (19.30 horas) dará paso pouco despois ao concerto de Ruxe Ruxe (21.30 horas no paseo do Espolón), que pecharás as festas do Santiaguiño de Padrón deste ano.

El Correo Gallego 

Radio Valga celebra o 6 de maio o seu aniversario previo as vodas de prata.

As actividades de xogos e música terán lugar no parque Irmáns Mosquera, abertas a todas as persoas que o desexen.

Presentación da festa que conmemora os 24 anos da emisora municipal. DP
Presentación da festa que conmemora os 24 anos da emisora municipal.

A emisora municipal, Radio Valga, celebra o seu vixésimo cuarto aniversario cunha festa para todos os oíntes que terá lugar o vindeiro 6 de maio no parque Irmáns Dios Mosquera. Nesta zona de lecer e esparexemento celebrarase un xantar popular e outras actividades lúdicas, entre elas xogos e actuacións musicais para amenizar a tarde.

A programación dará comezo ás 14:00 horas cun concerto da Banda de Música Municipal de Valga e ás 14:30 terá lugar o xantar cun menú formado por petiscos variados, empanada, polvo á feira, churrasco con patacas e ensalada, bebidas, sobremesa e café.

Os prezos para asistir á comida son de 35 euros para maiores de 16 anos e 15 euros para mozos de entre 11 e 15 anos. Os rapaces de ata 10 anos poden asistir gratuitamente, pero con reserva. As inscricións deben realizarse antes do día 3 de maio con pago a través da conta bancaria ES97 2080 5447 1230 4010 3378 ou mediante Bizum ao número de teléfono 606 23 76 54. Será imprescindible presentar o resgardo de pago.

Diario de Pontevedra

O Encontro dos Maiores de Valga cumpre 25 anos cun xantar o 30 de abril.

A festa será no pavillón de Cordeiro e inclúe a actuación da Banda de música municipal de Valga

OEncontro cos nosos maiores de Valga cumpre este ano a súa edición número vinte e cinco o que supón un cuarto de século reunindo á poboación máis veterana do concello nunha xornada de confraternidade. A edición do 2023 terá lugar o vindeiro 30 de abril, domingo, no pavillón municipal de Cordeiro e nela poden participar os veciños que teñan cumpridos 65 anos ou que os cumpran durante este ano.

Nos últimos días informóuselles por carta da celebración da xuntanza, para a que se poden inscribir presencialmente no Concello, a través dos números de teléfono 986 55 94 56 (Concello) e 986 556 769 (auditorio) ou enviando un correo electrónico ao enderezo concello@valga.gal.

O prazo de inscrición remata o día 14 de abril. No caso de que algunha persoa que cumpra tanto o requisito da idade coma o de estar empadroado non recibira a carta do Concello, pode igualmente inscribirse dentro dese mesmo prazo.

O programa de actividades dará comezo ás 13 horas coa actuación da Banda de Música Municipal de Valga -na imaxe- no propio pavillón, onde a continuación terá lugar o xantar de confraternidade. No transcurso da xornada haberá sorteo de agasallos doados por casas comerciais e entidades de Valga e da contorna e tamén se entregará un recoñecemento ao home e a muller de maior idade que participen no Encontro e aos asistentes que estean de aniversario.

Por outra banda, estanse a quentar os motores para o Festivalga que organiza o CRA e polo que e invita aos veciños a gravar os seus vídeos con cancións que foran a Eurovisión. A gala será o 12 de maio e o prazo de inscrición ábrese o 29 de abril.

La Voz de Galicia

Padrón estrea as súas festas de Pascua coa apertura de atraccións e concertos gratuítos.

Festas da Pascua de Padrón

Festas da Pascua de Padrón

Coas parcelas ocupadas, a apertura das atraccións e dos postos de feira no Espolón e no Campo do Souto, Padrón vístese de festa dende este domingo 2 de abril para celebrar a Pascua. Padroneses e visitantes poderán gozar durante quince días dunha completa programación pensada para todos os públicos e na que, unha vez máis, un bo número de concertos e verbenas gratuítos se sumarán a citas clásicas como a feira cabalar e as competicións deportivas. O pregón correrá a cargo do humorista David Amor.

“A Pascua celébrase por segundo ano como Festa de Interese Turístico de Galicia e o obxectivo de superarse a si mesma en cada edición”, salientou o alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, quen lembrou que as festas de 2022 pecháronse cun gran éxito de participación e supuxeron todo un revulsivo anímico e económico. “Traballamos arreo coa intención de manter o nivel e facer unhas festas que satisfagan a todos os públicos”, engadiu o mandatario. O Concello padronés destina á Pascua preto de 200.000 euros.

El Correo Gallego