• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Archivos paraMaribel Castro

Maribel Castro

CADRO DO TREN DE VARELA NO CLUB XUVENIL

15-10-2020 por CONCELLO DE PONTECESURES Dejar un comentario

Estes pasados dias rematou o pintado dun cadro nunha das salas do “Club Xuvenil”. Este cadro realizouse polo taller de pintura que leva a cabo a Asociación Cultural A Barcarola, e as artistas que o fixeron posible foron as alumnas Elena vidal, Kata Melikowa, Rosa Vidal, Lara Barreiro, e Maribel Castro, dirixidas polo profesor da actividade Raúl Gil Burés, licenciado en Belas Artes, e quen supo dirixir ó grupo para obter esta  magnífica pintura.

O cadro titúlase “O tren de Varela”. Nel represéntase ó paso do famoso tren que facía, nos anos 30 do século pasado, o traxecto Santiago – Carril e viceversa todos os dias. Varela era o maquinista do tren coñecido por “Lerez”, e a locomotora que tiraba do convoi estaba “bautizada” polo mesmo coma “A Sarita”.

O tren está pintado ó seu paso pola “Ponte de Ferro”, que fora a 1ª ponte construída na liña de ferrocarril, posteriormente foi desmantelada, permanecendo a dia hoxe, e dende aquela, nada mais os pilares desa ponte; pos ó seu carón construirase unha nova ponte ferroviaria que é a que existe hoxe en dia.

Por último no cadro aparece reflexado ó fondo a ponte da estrada N550, tal e coma se pode observar na realidade.

Felicitar esta iniciativa deste colectivo, que realizaron unha verdadeira obra de arte decorando este local.    

Calquera persoa poderá visitar o local do “Club Xuvenil”, poderá solicitalo chamando as oficinas municipais polas mañás (986557125); ou ben dirixirse á encargada da biblioteca municipal, no seu horario de traballo: de luns a venres entre as 16.30 e ás 20.30 h. para solicitar a apertura e visita dese local.

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:a ponte, Barcarola, biblioteca, ferrocarril, Maribel Castro, n550, santiago, taller, tren

Finou «Pepe da Escola».

23-02-2020 por Redacción Dejar un comentario

Aos 92 anos de idade, finou o veciño de Infesta José Manuel Castro Amoedo, casado con Manuela Barreiro Castiñeiras e pai da excaldesa, Maribel Castro Barreiro.

O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Maña luns 24 de febreiro. ás 17 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Infesta, Maribel Castro, padrón, Pontecesures, San Xulián

Pontecesures: todo sigue igual a orillas del Ulla.

9-06-2019 por Redacción Dejar un comentario

El PP, TeGa e IP renovaron el pacto de gobierno que permitirá a Vidal Seage seguir en la alcaldía.

Aunque hubo quien intentó jugar al despiste, abriendo puertas a posibles alianzas imposibles, parecía evidente que Juan Manuel Vidal Seage (PP) tenía todo de su parte para continuar siendo alcalde de Pontecesures durante los próximos cuatro años. Desde que se hizo con el bastón de mando tras una moción de censura en la que lo acompañaron los independientes de Maribel Castro (IP) y Souto Cordo, de TeGa, Seage logró mantener el equilibrio y blindar sus alianzas, aunque sin lograr fraguar una candidatura única para aglutinar el voto de derecha en esta localidad del Baixo Ulla. Pero aún así, tras los resultados del 26M, parecía cantado que en Pontecesures el tripartito volvería a reeditarse. Y así ha sido. El viernes, las tres formaciones en cuestión rubricaron el acuerdo de gobierno que estará en vigor de aquí a 2023.

Según dicho acuerdo, le corresponde a Seage, en esta ocasión como líder de la lista más votada, ocupar el sillón de la alcaldía. Maribel Castro será su primera suplente durante la primera mitad del mandato. En 2021, será Souto Cordo quien ocupe la primera tenencia de alcaldía. De sueldos aún no se ha hablado. Se sabe que Seage continuará con su media liberación; de las de Castro y Cordo se tratará tras la aprobación del presupuesto.

También figura en el acuerdo las áreas de las que se responsabilizará cada partido. El alcalde se reserva Economía e Facenda, Réxime Interior y Medio Ambiente. Sus compañeros de siglas asumirán Educación e Deporte, Muller e Igualdade, Turismo, Emprego y Cultura, Comercio, Hostelería e Consumo. Isabel Castro se queda con Urbanismo, Servizos Sociais, y Personal de Limpeza. Y a Souto Cordo le corresponderá atender Obras y Mantemento de Vías, Saneamento e Alumeado.

Pero hablemos de los asuntos que el gobierno local quiere impulsar. El centro sociocultural, una solución definitiva para los terrenos de Valga en el puerto, y la adjudicación de la compra del coche para la policía local son tres de los asuntos a los que quieren dar prioridad. En el pacto no aparece mención alguna a las reclamaciones del personal municipal, que lleva semanas manifestándose para reclamar una RPT.

La Voz de Galicia

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:la voz de galicia, Maribel Castro, medio ambiente, obras, Pontecesures, pp, tripartito, Ulla, valga

PP, Tega e IP renuevan el pacto en Cesures y Vidal Seage será alcalde.

8-06-2019 por Redacción Dejar un comentario

JUAN MANUEL VIDAL SEAGE /

El regidor disfrutará de media liberación y las tenencias de Alcaldía se repartirán entre Maribel Castro y Ángel Souto.

Juan Manuel Vidal Seage será investido alcalde de Pontecesures el próximo sábado día 15. Las negociaciones entre el Partido Popular, Terra Galega e Independientes por Pontecesures han fructificado y las tres formaciones revalidan un pacto que llevó a la controvertida moción de censura en el ayuntamiento en 2016. El propio regidor en funciones explicaba ayer respecto a este acuerdo que “cando algo funciona non hai por qué cambialo” y destacaba la buena sintonía de estos últimos años con sus dos socios de gobierno. Así pues en el pacto, ya firmado, figuran las responsabilidades que ocuparán cada uno de los ediles en el mandato que está a punto de empezar.

Vidal Seage reconoce que se “corrixiron cousas” en materia organizativa y que de momento no se han decidido las liberaciones ni las cuantías de las mismas. Eso sí, el alcalde seguirá con la media liberación del mandato anterior. Eso lo obliga a delegar competencias tanto entre los ediles de su mismo grupo como entre Ángel Souto, de Tega, y Maribel Castro, de Independientes. Ambos tendrán una tenencia de Alcaldía. Castro asumirá primero la “1º Tenencia” hasta 2021 y luego pasará a la 2º en favor de Ángel Souto.
Así pues el gobierno de Pontecesures estará conformado por 6 ediles: Juan Manuel Vidal Seage, Laura Villar, José Ramón Cadilla y Raimundo Vázquez (del PP); Maribel Castro de Independientes por Pontecesures y Ángel Souto de Terra Galega.

Los salarios
Vidal Seage incide que la idea es que, una vez pase el pleno de investidura, se pueda llevar a cabo la aprobación del Presupuesto de este año en base al cual se determinará el sueldo que tendrá cada uno. “Temos que ver se cumprimos cos números e a partir daí decidiremos”, explica el regidor.


El alcalde cesureño, que revalidará en su cargo a partir del sábado, aplaudió la entrada de nuevos ediles de su equipo en la Corporación. “Eso vai implicar que tamén cheguen novas ideas que axudarán a complementar o traballo”. Pontecesures siempre se caracterizó por gobiernos muy plurales y de muchas siglas.

Diario de Arousa

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Diario de Arousa, Maribel Castro, pleno, Pontecesures, pp, sábado

Seage, reforzado en las urnas, confiado en reeditar el pacto.

28-05-2019 por Redacción Dejar un comentario

El PP de Vidal Seage se afianza en Pontecesures tras obtener cuatro concejales, un más que en 2015. Los buenos resultados dan confianza al conservador para reeditar el pacto de gobierno con los independientes de Maribel Castro y con Terra Galega, que se quedó a 64 votos de repetir las dos actas.

«Hai satisfacción por ser a forza máis votada nun escenario tremendamente desfavorable», asegura Vidal Seage, que denuncia que durante las últimas semanas fue víctima de «unha campaña indecente, zafia e perfectamente orquestada para favorecer a caída do alcalde». También se muestra satisfecho de la subida del PP frente a la tónica general en el conjunto estatal.

Diario de Arousa

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:Campaña, Diario de Arousa, Maribel Castro, Pontecesures, pp

O Concello que todos gobernaron.

9-05-2019 por Redacción Dejar un comentario

Nun caso inédito, as cinco candidaturas que concorren ás eleccións tiveron a xestión nas súas mans antes ou despois.

Non é doado atopar un caso coma o de Pontecesures. O máis pequeno dos municipios de Arousa conta con cinco candidaturas. Todas elas formaron parte dos últimos gobernos locais, ben coaligadas co BNG na alcaldía, ben cedéndolle o bastón de mando á independente Maribel Castro, ben apoiando a moción de censura que este mandato colocou a Juan Manuel Vidal Seage aos mandos do Concello. Mesmo hai un exemplo, o de Ángel Souto e TeGa, que estiveron en dúas das tres fórmulas. Se Pedro Sánchez precisa afondar na arte da xeometría variable en política, Cesures é unha aula viva na materia.

-Se tivese que adoptar una decisión, unha soa, nada máis tomar posesión, cal sería?

–Juan Manuel Vidal Seage (PP). -Ditaría unha providencia da alcaldía para solicitar o reinvestimento do superávit do Concello, elaborando un plan marco de investimentos. Saberiamos onde se teñen que investir os cartos dos cesureños do xeito máis sensato, e sen cortapisas dos políticos que senten no goberno.

–Cecilia Tarela (BNG). Aprobar un orzamento, xa que este Concello leva tres anos sen telo. Creo que é a ferramenta máis importante para poñerse a traballar.

–Roque Araújo (PSOE). Sen dúbida, reunirme coa plantilla de traballadores do Concello.

–Ángel Souto Cordo (TeGa). É unha decisión moi difícil. O máis importante é o servizo á cidadanía e nós temos uns cantos puntos no programa. Se tivésemos que destacar algo, a construción dun centro sociocultural, pola cantidade de asociacións que temos no pobo. Carecemos dun edificio para que poidan desenvolver as súas actividades.

-Un Concello tan pequeno coma este pode sortear as crecentes trabas administrativas, coma a nova Lei de Contratos?

–J. M. V. A capacidade dos concellos para superalas é inversamente proporcional ao seu tamaño e composición organizativa. Os grandes consistorios, dotados de oficinas de contratación e equipos técnicos axeitados, teñen moito camiño andado en comparación cos de menor dimensión, que subsisten con escasas plantillas de funcionarios, que a propia lei lles impide ampliar, e con persoal temporal, bolseiros e persoal de plans de emprego.

–C. T. Si que pode. Outros concellos con menos persoal que o noso sacan as cousas adiante. Non nos vale que sempre se poña a mesma desculpa cando as cousas non se fan no seu tempo e na súa forma.

–R. A. Si, cunha mellor organización do traballo e a colaboración doutras entidades que permitan mellorar a xestión.

–A. S. Nos tres últimos anos conseguíronse subvencións por máis de catro millóns de euros, cando o orzamento municipal anda polos dous millóns. O problema é que contratar é cada día máis complicado, e nos concellos pequenos o traballo se multiplicou por catro ou por cinco. A lei mesmo nos impide contratar persoal, e isto provoca un prexuízo importante, non xa á Administración, senón aos veciños. Non discuto que a lei controle a xestión pública, pero non se pode complicar todo cada vez máis. O Goberno central debe solucionalo.

-O tren esmorece en Cesures. Sería preciso potencialo?

–J. M. V. O mesmo avance tecnolóxico, responsable da auxe do transporte individual, está detrás do esmorecemento dos transportes públicos, e en concreto dos trens de proximidade, converténdoos nun medio reservado aos románticos. Pontecesures sempre estivo ligado e favorecido polo servizo do tren. Mesmo a primeira liña Cornes-Carril estaba deseñada orixinariamente para rematar en Pontecesures. Criterios de rendibilidade mal entendidos serviron de argumento para deixalo esmorecer. Cómpre deseñar novas alternativas vinculadas a usos complementarios ao transporte regular de pasaxeiros.

–C. T. O tren forma parte da nosa vila. Teriamos que ter un servizo de calidade e unhas instalacións ao seu mesmo nivel. Queremos un tren de proximidade á altura do século XXI.

–R. A. Indubidablemente. O tren é un medio de transporte ligado á idiosincrasia cesureña. Por historia, por economía, por seguridade e fiabilidade, o transporte ferroviario debe ser mellorado e seguir ligado a este concello.

–A. S. Máis que necesario, o tren é imprescindible. Non podemos perder este servizo e por suposto debe ser potenciado.

-A última pregunta é para nota, tendo en conta os antecedentes. Con quen non pactaría nunca?

–J. M. V. Teño lido que todo o que se diga sobre pactos antes da noite electoral caduca en canto se pecha o escrutinio dos votos. Tamén é paradigmática a frase de ‘‘dime quen votas e direiche con quen pactas’’. No meu caso supoño que é unha cuestión de principios. Pactos que supoñan que o total sexa maior que a suma das partes e redunden no interese xeral e no beneficio dos cidadáns sempre serán viables. Non entanto, sempre haberá que distinguir os pactos por necesidade dos pactos por elección.

–C. T. O BNG espera acadar a maioría suficiente para desenvolver o seu proxecto sen ataduras. O resto xa se verá logo do 26M.

–R. A. Evidentemente, con aquel grupo político que non comparta unha grande parte do noso programa e que antepoña intereses persoais por riba dos xerais.

–A. S. Creo que das poucas cousas que se aprenden en política é que cando se sae, hai que saír a gañar, sen facer ningún tipo de especulación. Nós aspiramos á alcaldía e a poder gobernar, sen entrar no debate sobre os pactos. Despois, en función do que xurda, xa se falará.

Cuestións familiares impediron a Castro responder o cuestionario.

La Voz de Galicia

Archivado en:Sin Categoria Etiquetado con:BNG, Concello, Historia, la voz de galicia, Maribel Castro, Pontecesures, pp, psoe, Tarela, temporal, tren

  • Ir a la página 1
  • Ir a la página 2
  • Ir a la página 3
  • Páginas intermedias omitidas …
  • Ir a la página 60
  • Ir a la página siguiente »

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • ULTIMAS PRAZAS PARA 2 CURSOS DO TIC EMPRENDES – O TEU RURAL TEN FUTURO
  • DATOS COVID PUBLICADOS HOXE LUNS 01-03
  • Falleció Julio Rodríguez Sóñora
  • Lamprea: el vampiro vampirizado,
  • Tiempo de lamprea con Miguel Piñeiro.

Comentarios recientes

  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

fiesta iglesia río ulla valga BNG Caldas sábado concurso tripartito lamprea pleno n-550 tren psoe faro de vigo la voz de galicia Catoira pp festa Angueira Ulla ACP correo gallego fútbol Diario de Arousa a ponte sar Porto obras sabariz santiago fin de semana Pontecesures Vigo Campaña Maneiro Concello Vilagarcía padrón Pontevedra protección civil curso plaza Historia xunta

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños