Nota do goberno local sobre as Festas do Carme.

O Concello de Pontecesures vén de dar a coñecer o programa das Festas na Honra á Virxe do Carme, que terán lugar do venres 30 de xuño ao luns 3 de xullo. Catro días de festexos con pasarrúas, concertos, actividades infantís e o tradicional Desfile Valeiro do domingo 2 de xullo.

A alcaldesa de Pontecesures, María Teresa Tocino Barreiro, asegura que “sacar unhas festas coma estas en menos de oito días foi algo moi difícil, sobre todo porque non había nada programado con anterioridade pero penso que fomos quen de conseguir unhas festas moi dignas que de seguro desfrutarán os veciños e veciñas de Pontecesures”.

Acordo para o traslado da Festa do Churro

Neste sentido, a alcaldesa sinala que “por cuestións de tempo non se podía organizar a Festa do Churro, xa que non había nada previsto por parte do Goberno anterior. Por iso, onte mantiven unha reunión co colectivo, expliqueilles a situación e acordamos seguir adiante coa Festa do Churro pero cambiándoa de data: ao 7 de xaneiro”. Desta forma, a Festa do Churro terá lugar o Día do Patrón, “unha proposta que xa tiñamos en mente, porque pensamos que o inverno é unha mellor época para este produto e que entra mellor uns churros en inverno que roldando os trinta grados como imos estar o vindeiro luns 3 de xullo”, explica María Teresa Tocino.

De feito, a alcaldesa amosa a súa satisfacción xa que “o colectivo non so entendeu a imposibilidade de celebrar a Festa do Churro en xullo, senón que ademais pareceulles unha idea moi boa a da trasladala a xaneiro canda o Día do Patrón”, polo que agradeceu o apoio e colaboración do sector do churro cesureño.

Programación para todos os gustos e idades

A programación das Festas na Honra á Virxe do Carmen de Pontecesures inclúe actividades para todos os gustos e idades. O programa dará comezo o venres 30 de xuño coa actuación musical de Wöyza & The Galician Messengers, un grupo liderado pola artista de hip hop e soul Sofía Trigo e que interpreta cancións populares do patrimonio histórico-cultural galego en clave de música urbana. Unha fusión de xéneros e expresións contemporáneas como o soul, o gospel, o hip hop ou a danza urbana co patrimonio musical galego que poderá desfrutarse a partir das 21:00 horas na Plazuela.

A Asociación Cultural Xarandeira será a encargada de abrir a xornada do sábado 1 de xullo, cun pasarrúas matutino e unha actuación na Prazuela ás 12:00 horas. Xa pola noite, a partir das 22:00 horas, gran concerto a cargo de A banda da loba, un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo. Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais, A banda da loba foi quen de crear un estilo musical heteroxéneo, singular e moi prezado polo público.

domingo 2 de xullo amencerá cun gran disparo de bombas, un pasarrúas a cargo da Banda de Música de Lantaño e un concerto a cargo da Coral Polifónica Cultural A Barcarola. Ás 18:00 horas terá lugar o tradicional Desfile Valeiro e ás 18:30 horas está programada a misa solemne, tras a cal terá lugar unha procesión co acompañamento da Banda de Música de Lantaño. Pola noite, gran verbena coas orquestras La Ola ADN e América SL.

O Concello de Pontecesures lembra que as persoas que queiran participar na procesión das Festas na honra da Virxe do Carme poden inscribirse nas oficinas municipais ata as 14:00 horas do xoves 29 de xuño. A roupa para a procesión poderá recollerse o venres 30 de xuño, entre as 10:00 e 14:00 horas, na propia casa consistorial.

Finalmente, o luns 3 de xullo estará especialmente dedicado ao público infantil. Pola mañá, a Asociación Cultural Algueirada encargarase do pasarrúas, seguida ás 12:30 dunha misa a San Antón cantada pola Coral Polifónica Cultural de Pontecesures. Pola tarde, a partir das 17:00 horas, gran Festa Infantil con inchables, espuma, colchonetas… nas rúas San Lois e San Lázaro, así como na Plazuela. O grupo de animación infantil Las Pamisuky encargarase de poñer o punto e final ás festas cun divertido espectáculo lúdico-musical que inclúe unha gran variedade de cancións infantís e actuais nas que é precisa unha activa participación da rapazada a través de xogos e bailes.

Vidal Seage, PP de Pontecesures: «Son animal nocturno».

Con 2.612 votantes potenciais, o concello cesureño é o que posúe o menor electorado dos once que forman Arousa

12 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.Comentar · 0

Chegou á alcaldía cunha moción de censura, e agora, varridos os seus compañeiros de coalición en Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage aspira á súa primeira reelección para o Partido Popular.

—Que é máis importante para chegar a alcalde, ser coñecido ou ser popular?https://sopalk.com/r/p.html?f=twccuqk&e=1333182323312

—(Risas) Unha cousa debe ir aparellada á outra, penso

—No tema dos churros, é tradicional ou gústalle innovar?

—A tradición está moi ben, pero tamén se debe innovar un pouco. Hai un que é con queixo e marmelada de pemento que está moi bo. O chocolate non é a miña cousa.

—E coláronselle moitos churros como alcalde?

—Espero que foran os menos posibles.

—Como vai o do Fierabrás?

—¿O bálsamo? Non sabería que contarche.

—Sigamos coa comida, xa que logo. Vaia susto lle deu aquela lamprea…

—Foi unha encerrona, un axuste de contas. Aquela lamprea era un demo .

—Gústalle a lamprea?

—Absolutamente. Teño verdadeira paixón pola lamprea.

—Pois se cadra, non é un bo símil para un político, porque é un bicho que vive como parasito doutros animais…

—Somos vellos coñecidos (risas). Espero que non haxa moitos políticos que vivan de parasitos.

—Como leva o das redes sociais?

—Gústanme, quizais de máis, pero gústame trasladar o que fago á opinión pública. Por exemplo, gústame andar en moto, e non me importa que a xente o saiba

—No baile, ¿mellor agarrado ou só?

—Hai momentos para bailar só, pero sempre se desfruta máis cun agarrado.

—E para gobernar, que é mellor, só ou en parella?

—Aí teño bailado de todas as maneiras. Se cadra é mais vistoso xuntos que en solitario.

—É máis de película ou de series?

—As series non me gustan. Non me gusta que me fagan esperar moito para coñecer o desenlace.

—Gardou algunha máscara?

—Teño algunha no faiado, daquelas que fixemos co logo de Pontecesures. Axuda a lembrar o que pasamos.

—Aínda sae de noite ou os anos xa van pesando?

—So, saio. Non son un fiestero, pero son animal nocturno. Ás doce da noite é cando estou máis activo. Mando correos ás dúas ou ás tres da mañá. As nove da mañá é unha hora moi complicada para min

—E hai marcha en Cesures, ou vai a cousa con Nova York, como cantaba Mecano?

—Pois hai un revulsivo da vida nocturna. Hai xente que está a preguntar por antigas discotecas para volver a abrir. Iso gústame. Teño fillos que xa andan por aí e oxalá non teñan que coller o coche para saír de festa.

—Na música, por onde van os tiros?

—Son de rock sinfónico e de compositores. Sempre teño a mesma música no coche, xa mo di a miña nai.

—Contábame o das motos. Cal é o seu piloto preferido?

—Giacomo Agostini.

—Cal foi a súa primeira moto?

—Unha BMW Augusta. E estou pensando que se cadra debería ser tamén a última.

—Que foi o primeiro que levou ao despacho de alcalde?

—Un ambientador. Aínda o teño. Un Concello debe ulir ben.

La Voz de Galicia

Johnny Vergará revivirá a Machín en Padrón con el espectáculo ‘Toda una vida’.

El proyecto escénico llegar al auditorio de la capital de O Sar el próximo 6 de mayo

El cantante Johnny Vergara

El cantante Johnny Vergara

Los nostálgicos y admiradores del cantante cubano-español Antonio Machín tendrá una oportunidad el próximo 6 de mayo, a las 13.00 horas, de recordar sus boleros y canciones populares en la voz de Johnny Vergara, que llega con el espectáculo Toda una vida, dedicado al artista.

Toda una vida es un proyecto escénico sobre uno de los más grandes artistas del siglo pasado, Antonio Machín, que 42 años después del fallecimiento, el genio cubano sigue descansando en Sevilla, aunque su memoria persiste los ojos y oídos de sus seguidores.

Angelitos negros, El manisero’ Dos gardenias… son algunas de sus canciones que más resuenan aún en muchos hogares, haciendo revivir un rostro de casi permanente sonrisa, en un hombre educado en una familia de padre gallego y madre cubana, al que ahora se le rinde un más que merecido tributo por toda España.

El encargado de dar vida a Machín es Johnny Vergara, un cubano que nace y vive para la música, y que, tras una dilatada trayectoria en su país, vino España Buscando la felicidad, título de su primer disco. Los medios de comunicación han definido su música como “el son del exilio”. Ahora da voz y rostro a un grande entre los grandes, algo que le llena de orgullo también de responsabilidad.

VOZ EN OFF. El artista protagonista estará acompañado al piano por Magaly Rodríguez, profesora de piano y coro. La artista estudió en el Instituto Superior de Arte de Ciudad Habana (Cuba).

Indicar que, además, el espectáculo cuenta con una de las voces más populares de los actores de doblaje españoles, la voz en off, de Alberto Closas Jr., quien relata la vida de Antonio Machín, acompañándose de imágenes personales y artísticas del cantante desde sus comienzos en Cuba hasta su final en España.

El Correo Gallego

Padrón celebra o mes das letras con itinerarios e espectáculos.

A programación iniciase o sábado con paradas teatralizadas pola Ruta Rosaliana // A Fundación Cela abrirase ao público gratis

As visitas teatralizadas polas rúas destacan no programa do Padrón Literario / concello de padrón

As visitas teatralizadas polas rúas destacan no programa do Padrón Literario.

Unha ruta polos lugares que marcaron a vida e obra de Rosalía de Castro fixará este sábado 29 de abril o comezo das actividades de Padrón Literario, a cita que debuxa o mes de maio na capital do Sar e que este ano 2023 permitirá gozar completamente de balde dunha programación que inclúe concertos, espectáculos, talleres ou visitas guiadas, sempre coas miras postas en divulgar e festexar as letras padronesas.

Seguir As pegadas de Rosalía é a proposta da ruta que se desenvolverá este sábado entre visitas teatralizadas e música de zanfona. As inscricións, que poden facerse na web de turismo de Padrón (www.padronturismo.gal/inscricions), inclúen o circuíto en autobús seguindo o itinerario rosaliano establecido na década dos 90 por Avelino Abuín de Tembra a través dos concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón.

Rosalía de Castro volverá ser protagonista de Padrón Literario o mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, e farao por partida dobre. Ao mediodía, co recorrido pola zona vella de Padrón coa visita teatral Camiño branco de Rosalía. As inscricións deben facerse na web www.padronturismo.gal/inscricions. Xa pola tarde, o auditorio da Casa Museo Rosalía de Castro será o escenario dun concerto de Pablo Castaño, que terá entrada libre ata completar aforo.

Tamén acollerá actividades a Fundación Pública Galega Camilo José Cela, en Iria Flavia, que se poderá visitar gratuítamente de luns a venres entre o 11 ao 19 de maio en horario de 10.00 a 14.00 horas.

O xoves 4 de maio ás 20.00 h está prevista a presentación do libro Xardín Botánico Artístico de Padrón, do profesor Carlos Rodríguez Dacal, e o día 13, ás oito da tarde no auditorio, Concerto das Letras Galegas coas corais polifónicas de Padrón, Pontecesures e Zamazáns de Vigo.

Padrón Literario inclúe, por último, dúas propostas da Cultura rula por Padrón: o venres 19 de maio o espectáculo cómico e musical Desconcerto, e o 26 o de narración oral Cacho animalada.

El Correo Gallego