El Concello de Padrón acomete mejoras por más de 130.000 euros en el pabellón del Souto.

CEDIDA

Renovó la pista deportiva y realizó obras para la eficiencia energética de la instalación municipal.

El Concello de Padrón ha completado una serie de mejoras en el pabellón polideportivo del Souto, para garantizar unas instalaciones modernas, eficientes y adaptadas a las necesidades de los vecinos. Esta actuación responde a una apuesta del gobierno local por modernizar y mejorar la calidad de las infraestructuras municipales que, según explica, se encontraban en «evidente estado de deterioro por unha falta de mantemento continuado». Entre las obras acometidas, por un lado está la renovación integral de la propia pista deportiva, con una inversión de 60.000 euros, de los que 50.000 fueron financiados a través de una subvención de la Xunta. Por otro lado, hizo obras destinadas a la eficiencia energética del pabellón, con el objetivo de reducir el consumo y mejorar las condiciones de confort. En esta última obra, en la que el Concello invirtió 78.000 euros, de los que 60.000 fueron subvencionados por un programa de la Xunta destinado a concellos de menos de 15.000 habitantes dentro del Fondo de Cooperación Local, destaca el cambio de la iluminación convencional por tecnología LED; la sustitución de la antigua caldera de gasoil por bombas de calor y el  aislamiento de la cubierta, permitiendo así la práctica del deporte en un entorno más cálido y eficiente, según informa el Concello. 

El concejal de Deportes, Luis Mariño, se declara satisfecho con el resultado de los trabajos, que consideraba imprescindibles para la mejora de una instalación antigua y deteriorada. «Falamos dunha infraestrutura deportiva clave, con alta afluencia de usuarios, polo que era prioritario intervir para garantir a súa funcionalidade e seguridade». El edil añade que «o compromiso do Concello é seguir traballando na modernización das infraestruturas deportivas, adaptándonos ás novas esixencias de sustentabilidade e eficiencia enerxética, sempre dentro das posibilidades de financiamento dispoñibles».

Con estas actuaciones, el Ayuntamiento asegura que da un paso más en la apuesta por infraestructuras deportivas más sostenibles y eficientes, «garantindo espazos axeitados para a práctica deportiva e fomentando un uso responsable dos recursos enerxéticos».

La Voz de Galicia

O Pavillón de Baño, en Valga, mellora as súas prestacións cunha nova pista polideportiva de linóleo.

Os traballos contan cun orzamento de 48.703’25 euros, financiados a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación Provincial

A segunda tenente de alcalde, Carmen Gómez, acompañada pola arquitecta municipal, achegouse esta mañá ao pavillón municipal de Baño para comprobar como se están a desenvolver as obras de acondicionamento da pista polideportiva.

Os traballos contan cun orzamento de 48.703’25 euros, financiados a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación Provincial. As actuacións inclúen a preparación da superficie da pista a base de lixado e pasteado, a colocación do novo pavimento, e o trazado das liñas de xogo co pintura de poliuretano. Marcaranse campos para a realización de diferentes deportes coma o fútbol sala, balonmán, voleibol, tenis ou baloncesto. A empresa adxudicataria é Sport Equipalia.

O material elixido para a nova pista é o linóleo acústico, de 4 centímetros de espesor e con tratamento antiestático. Este material destaca pola súa resistencia e versatilidade, sendo un dos máis indicados para instalacións nas que se realizan unha gran varidade de actividades. Este é o caso do pavillón de Baño, unha infraestrutura municipal de 1.500 metros cadrados (repartidos entre a propia pista, os vestiarios e as gradas) na que se practícan fútbol sala, baloncesto, tenis, patinaxe, judo…, entre outras disciplinas. Ademais tamén complementa as instalacións do colexio Baño-Xanza, situado nas inmediacións.

O estado no que se atopaba a pista era de deterioro, debido principalmente ao uso e ao paso do tempo. Por iso, o goberno local proxectou a súa renovación, substituíndo o vello chan de formigón pintado por este novo pavimento de linóleo que garanta a boa realización de todas as actividades e seguridade dos usuarios, para así seguir avanzando no obxectivo de ofrecer instalacións de calidade e no fomento da práctica deportiva.

Diario de Santiago

Un ano para a ampliación da potabilizadora de Padrón que abastece á ría de Arousa.

A Xunta de Galicia inviste case nove millóns de euros na estación de tratamento de auga potable,

Autoridades autonómicas e locais durante a visita á ETAP de Padrón
Autoridades autonómicas e locais durante a visita á ETAP de Padrón.

A estación de tratamento de auga potable de Casal, no concello de Padrón, leva operativa dende o ano 1996. Case trinta anos en funcionamento que lle fan requirir dunha actualización e mellora dos sistemas instalados a esta planta que dá servizo a toda a marxe dereita da ría de Arousa, así como aos concellos do tramo baixo do río Ulla.

En decembro do pasado 2022, a Xunta de Galicia e o Goberno municipal chegaron a un acordo para a ampliación das instalacións desta potabilizadora en terreos que foron cedidos pola Mancomunidade do Monte Veciñal Lapido. Nestes traballos, o Executivo autonómico inviste preto de nove millóns de euros de fondos propios para cubrir os gastos derivados das obras e dos servizos asociados.

O obxectivo desta intervención é aumentar a capacidade dunhas instalacións que abastecen a dez concellos (Padrón, Boiro, Catoira, Dodro, A Pobra do Caramiñal, Pontecesures, Rianxo, Ribeira, Valga e Vilagarcía de Arousa) cunha poboación total aproximada cercana aos 90.000 habitantes.

Deste xeito, o pasado mes de setembro deron comezo unhas obras cun prazo de execución de dezaoito meses que, ao seu remate, permitirán que esta estación aumente en preto dun corenta por cento a súa capacidade ata chegar a tratar 610 litros de auga por segundo.

Uns traballos que, segundo trasladou onte a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa visita á zona, avanzan «a bo ritmo» e poderán estar completos no prazo previsto dun ano, ao redor do primeiro trimestre do vindeiro 2026.

Vázquez precisou que estas obras tamén servirán para dotar á infraestrutura dun sistema para a recuperación da auga de lavado de filtros, doutro de tratamento de lodos e de mecanismos de control que integren os equipos xa existentes máis os novos. De igual xeito, instalaranse un circuíto de videovixilancia e sistemas de medición da calidade de auga nos puntos de entrega.

Medidas ante as inundacións

A zona na que se ubica esta estación é tamén unha das sinaladas nos mapas da Xunta de Galicia como de risco potencial e significativo de inundacións, polo que a conselleira aproveitou a súa visita para repasar os proxectos neste sentido que a Administración autonómica desenvolve na zona.

Así, apuntou que hai catro plans para executar melloras e drenaxes no río Sar e noutros cursos fluviais menores para previr impactos en cruzamentos con estradas, núcleos habitados e mesmo nas vías do tren.

El Correo Gallego

Escrito dirixido ao Concello de Padrón por mor das obras no vestiario masculino da Piscina Municipal.

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE PADRON

Hai uns tres meses que comezaron as obras de acondicionamento do vestiario masculino da Piscina Municipal de Padrón, pero observamos, con desgusto de bastantes usuarios, que ditas obras están paralizadas ignorándose os motivos.
O certo é que estamos a soportar incomodidades de todo tipo, pois nun espazo moi reducido, uns 35 m2, témonos que cambiar ás veces máis de 20 usuarios cos conseguintes problemas sanitarios (risco de contaxio de enfermidades), de seguridade (as taquillas son claramente insuficientes) e incluso de salubridade (o estado do teito da zona de duchas é realmente lamentable como se pode apreciar na fotografía que se xunta).
Como usuario da piscina prégolle que se adopten, de xeito inmediato, por parte do concello as medidas oportunas para que se axilicen e rematen as obras canto antes. Resulta difícil de comprender que nos tempos que vivimos haxa unha situación tan anómala nunha instalación municipal.


Luis Ángel Sabariz Rolán.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA NA XORNADA DO XOVES 27 DE FEBREIRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO URXENTE

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA

Debido a avaría na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro de auga potable na xornada do XOVES 27 DE FEBREIRO DE 2025 que afectará as seguintes zonas:

  • Rúa Redondo, marxe dereito sentido Pontevedra.
  • Tarroeira, marxe dereito sentido Pontevedra.
  • Avenida de Arousa, marxe esquerdo sentido Vilagarcía.

O  horario deste corte será dende ás 9.00 ata ás 14.00 horas aproximadamente.

Por parte do Servizo Municipal de Obras, intentaráse solucionar esta deficiencia o antes posible.

La Xunta termina en Valga las obras para reducir inundaciones en el parque Irmáns Dios Mosquera.

Los trabajos buscan paliar los riesgos de desbordamiento por un periodo de retorno de 100 años

La Xunta termina en Valga las obras para reducir inundaciones en el parque Irmáns Dios Mosquera
Las obras afectaron al margen derecho del río Valga.

La Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático –a través de Augas de Galicia– acaba de terminar las actuaciones para reducir el riesgo de desbordamiento del río Valga por su margen derecho. En concreto en las inmediaciones del parque Irmáns Dios Mosquera. En estas actuaciones se invirtieron 280.000 euros.

 La obra –cofinanciada por la Unión Europea a través del Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional en un 80%– tuvo como finalidad tratar de minimizar el riesgo de que se produzcan inundaciones en la zona, que está identificada como área de riesgo potencial de los ríos Ulla y Sar.

Los trabajos se desarrollaron en un lugar en el que las viviendas se encuentran a una cota igual o inferior a la del cauce fluvial y muy próximas a la carretera N-550, que actuaba como barrera y producía inundaciones frecuentes.

Las actuaciones consistieron en la mejora del muro de contención del margen derecho del río, ampliando además el cauce fluvial y dotándolo de mayor altura. Al mismo tiempo se adoptaron medidas para mejorar la seguridad de la zona, que es de uso lúdico y peatonal, mediante la colocación de una barandilla de madera en el cauce del margen izquierdo, así como una pasarela por encima del río para facilitar el acceso al baño minimizando los posibles riesgos de caída.

La obra también llevó aparejado el acondicionamiento del canal de un regato afluente del río Valga que se encuentra en la zona y la renovación de la pasarela peatonal de madera que lo cruza. El objetivo es reducir tanto las erosiones como los atascos en el canal y facilitar así la circulación fluida del agua. Los trabajos buscan paliar los riesgos de desbordamiento del río Valga para un período de retorno de 100 años y se enmarcan dentro del convenio de colaboración firmado por Augas de Galicia con el Concello de Valga. 

Diario de Arousa