La Corporación celebra otro Pleno sin ningún asunto en el orden del día

La Corporación de Pontecesures celebra esta tarde a partir de las 20:30 horas un Pleno ordinario sin ningún tema a tratar dentro del orden del día, que está configurado tan solo por la aprobación del acta anterior, resoluciones de la Alcaldía, informes de Presidencia y ruegos y preguntas. La situación fue denunciada por el concejal de ACP, Luis Sabariz, que recuerda que «dende febreiro de 2006 só se levou por parte do grupo de goberno ós Plenos ?e van sete con este? un único asunto para adoptar acordos, mentras que foron aprobadas, eso si, varias mocións presentadas pola oposición» sobre cuestiones como a la puesta en marcha de la depuradora de residuales o el ferrocarril. Sabariz considera que «levar un asunto en sete Plenos é un triste récord de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que só a oposición pon zancadillas».
(más…)

O Club Náutico organiza unha cea homenaxe ó seu adestrador Javi

club-nautico.jpgA Dirección do Club Náutico Pontecesures, en compañía de xunta directiva e pais dos palistas, celebraron o pasado fin de semán unha cea homenaxe ó seu Adestrador Javier Bouzas. Na mesma o Presidente do Club Angel Barreiro, dedicou unhas palabras ó seu amigo e adestrador Javi, agradecendo o seu esforzo e traballo, destacando o éxito conseguido polos resultados acadados, como un traballo feito en equipo, no cal colaboran Xunta Directiva, Adestrador, Pais e por suposto os deportistas.

No mesmo acto, como recordo da homenaxe, foro entregados a Javi dous agasallos: Un reloxio e unha placa ca figura do Canoista, ambos, grabados e dedicados a súa persoa.

cea-1.jpg

A cea foi moi animada, finalizando en locais de copas de Pontecesures, en algún dos cales, o Presi convertido en DJ, amenizou a festa pinchando os mellores temas musicais do momento, e donte tanto os pais coma os demais membros do Club, Javi e a súa moza, deixaron ben claro que bailando tamen se podía gañar algún que outro premio, ja ja.

Para finalizar, decir que agora queda pendiente a cea fin de tempada para todos os nenos e nenas do Club, donde ó final da mesma tamén haberá sesión DJ amenizada polo Presi. Un saudo para todos e bo deporte.

(más…)

Campionato Galego de Maratón 2006

atletismo.jpgO Club Atletismo Tui xunto coa a Delegación Galega de Atletismo en Vigo, o pasado día 22 de outubro organizaron o Campionato Galego de Maratón de todas as categorías e o XII Maratón Popular do Baixo Miño. A saída foi ás 8,30 dende Tui, pasando por Goián, Ponte de Amizade, Vila Nova de Cerveira (Portugal), novamente a Ponte e pola estrada nacional chegando a Tui despois de percorrer a distancias homologada pola Federación de 42 km. 195 m.

Nesta proba Francisco Sanmarco (Paco), residente en Pontecesures e pertencente ó club Atletismo Sar-Mahia, chegou no cuarto lugar, realizando un tempo de 2:48:43 (4:00 minutos por kilómetro) e acadando o seu primeiro título de Campión Galego de Maratón.

Cabe resaltar as duras condicións meteorológicas nas que se desenvolveu a proba.

:: Ligazóns de Interés ::

* «Resultados da proba (PDF)»:http://www.fgatletismo.es/RESULTADOS/2005_2006/Vigo/Gallego%20Maraton.pdf
* «Fotografía da Chegada de Francisco Sanmarco»:http://www.fotografiadeportiva.com/fotos-maraton-tui-baixo-mino-2006/slides/tui-baixo-mino-IMG_3296.html
* «Outras Fotografías da proba»:http://www.fotografiadeportiva.com/fotos-maraton-tui-baixo-mino-2006/

Comentario enviado por Libelula25 sobre a escola infantil

Como habitante deste pobo gustariame poñer en coñecemento,de todo o que visita esta páxina,unha serie de irregularidades que existen no interior da escola infantil.

Non hai unha lavadora nin unha secadora,non hai babeiros para os nenos,non hai tarteiras para facela comida,a galeria mete auga e no pasillo patinase como nunha pista de xeo.

Hoxe mesmo unha das empregadas caeu cun bebe no colo e gracias a deus non pasou nada.Pero que non pasase hoxe non quere decir que non pase outro dia.Con todo isto,o máis grave ainda é que nunca hai unha directora ca que falar,á que pedirlle respostas ou darlle unha queixa.

Espero que isto sirva de algo e se lle poña solución a todos estos problemas.

Nota da ACP sobre o pleno de mañá

Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)

Mañá mércores ás 20,30 haberá Pleno ordinario coa seguinte Orde do Día: 1-Actas anteriores; 2-Resolucións da alcaldía. Dar conta.; 3-Informes da presidencia; 4-Rogos e preguntas.

Este grupo quere salientar que dende febreiro de 2006 só se levou por parte do grupo de goberno aos plenos ordinarios (xa van sete con éste) un único asunto para adoptar acordos.. Foron aprobadas, eso sí, varias mocións presentadas pola oposición (EDAR, ferrocarril, petición de un tractor de usos múltiples, etc..). Levar un asunto para aprobar en sete plenos e un triste récord de ineficacia do equipo de goberno. Para que logo digan que a oposición só pon zancadillas.

Esta agrupación presenta unha relación de preguntas ao alcalde que se enganden as 20 pendentes de contestar na sesión ordinaria de setembro pasado cando o presidente levantou a sesión sen respostar as mesmas. Son as seguintes:

(más…)