Informada favorablemente a Conta Xeral 2009 do Concello de Pontecesures

Na sesión celebrada no día de hoxe pola Comisión Especial de Contas, Facenda e Patrimonio, infomouse favorablemente a Conta Xeral 2009 por tres votos a favor (a alcaldesa, Javier Quintá e Luis Sabariz) e dúas abstencións do BNG (Cecilia Tarela e Mayte Tocino). Agora hai que expoñer o documento ao público no BOP antes do seu somentemento ao pleno.
Por outra banda, e coa mismo votación, informouse favorablemente un expediente de modificación de créditos para afrontar o custo das actuacións dos alumnos/as do obradoiro de emprego e a achega municipal dunha obra que vai subvencionar a Consellería de Industria de melloras na Praza de Abastos de Pontecesures. Esta asunto foi presentado por urxencia na sesión por parte do goberno local.

Petición de subvención para obras na Praza de Abastos de Pontecesures.

? abeiro da Orde de 26 de xullo de 2010, da Consellería de Economía e Industria, o Concello de Pontecesures solicitou unha subvenciónde 19.153,87 euros para financiar o 75% dun investimento de 25.538,50 euros na Praza de Abastos de Pontecesures.

Preparouse así un documento técnico, en función das necesidades que presenta esta instalación, recollendo as suxerencias dos titulares dos postos de venda. En concreto, pretendense arranxar o vello problema de filtración de augas polos locais engadidos ó edificio, colocando novos canalóns e baixantes, instalar fiestras nos ocos da fachada principal e posterior do edificio, pois por eles entra auga nos días de choiva, tratamento da estrutura de madeira da cuberta e
aplicación dunha nova pintura de poliuretano no pavimento.

Tamén preténdese colocar un novo mostrador para a venda de peixe con reixa de recollida de líquidos nas bancadas para a súa evacuación á rede de saneamento. Por último, pretendemos renovar a instalar eléctrica que se atopa obsoleta e que incluso ten riscos pola súa antigüidade.

O goberno local espera que a subvención sexa concedida, pois un dos seus obxectivos é que a praza estea nas mellores condicións posibles, para fomentar a actividade comercial na mesma.

Amancia Magán gañou o concurso de empanadas de lamprea.

Nove empanadas foron as que se presentaron ao concurso celebrado esta tarde nunha carpa situada a carón da praza de abastos. O xurado formado por José Luis Baleirón (restaurante Olivo de Pontecesures), José Antonio Rivera (restaurante Chef Rivera de Padrón) y Ángel Rodríguez (resturante O Santiaguiño de Padrón) degustou as nove empanadas que foron servidas por Angel Pardal e por dous camareiros da Escola Superior de Hostalería de Santiago.
O primeiro premio, de 300 euros, gañouno Amancia Magán Piñeiro de Condide (Pontecesures). O segundo, de 200 euros, foi para Nuria Moares Boquete da Devesa (Valga). O premio á empanada mellor presentada foi para ?scar Vidal Iglesias do asador O Pazo de Padrón.
De seguido, foron servidos pinchos das empanadas do concurso e tamén de lamprea guisada á bordelesa. Foron vendidos sobre 145 tickets. A dicir verdade, e segundo as impresións dos asistientes, a lamprea estaba exquisita.
Actuou na carpa a charanga O Santiaguiño de Padrón, e foi instalado un aquario con catro lampreas vívas que espertou o interese de sempre.

Mañá, 16 de abril, repararase o canalón da cuberta da Praza de Abastos.

Segundo as averiguacións realizadas pola Policía Local, o causante dos danos foi un camión da recollida de lixo o martes, 13 de abril, sobre ás 16 horas. Estanse a facer xestións para que o dano sexa afrontado pola compañía aseguradora, pero mañá será arranxada a cuberta que debe estar en perfectas condicións para os eventos festivos que temos en Pontecesures esta fin de semana.