BALONCESTO: HORARIOS DOS PARTIDOS DA FIN DE SEMANA

Estes son os partidos para esta fin de semana:

Infantil feminino. Sabado ás 12 en Pontecesures, Extrugasa Rio Ulla – Canteiras Porriño

Domingo ás 12 en Porriño: Canteiras Porriño – Extrugasa Rio Ulla (sairá 1 autobus gratuito dende a zona da praza de abastos ás 09.30 h.)

Senior zonal: Xoga sábado ás 17 h. en Marín, contra o Laxe, un dos equipos favoritos desta liga zonal.

Alevín Feminino: Domingo ás 18.30 h. en Pontecesures empezarán a súa liga contra o Liceo Casino Feminino de Vilagarcía.

Por fru, hace

BALONCESTO: O CANTEIRAS DE PORRI?O E O EQUIPO A ELIMINAR NESTA FIN DE SEMANA PARA QUE AS NENAS INFANTÍS XOGUEN LIGA GALEGA

Logo do sorteo efectuado na Federación Galega  a principios de semán, foi o Canteiras de Porriño quen saiu coma rival co que se vai cruzar o noso equipo infantil feminino. A eliminatoria a dobrepartido é esta vindeira fin de semana.

Sábado ás 12 h. xogarase o 1º partido, en Pontecesures? día seguinte, domingo 1, partido de volta en Porriño, tamén ás 12 da mañá. O equipo gañador da eliminatoria pasará á liga galega 2009-10.

Esperamos conbtar con numeroso público tanto no partido da casa, coma no desprazamento afora. Para elo, sairá un autobus, o domingo 1 dende a explanada a carón da praza de abastos, ás 9.30 da mañá. A chegada está prevista en torno ás 15 horas. A viaxe será gratuita para as xogadoras e acompañantes, ata encher o autobus.

26092009075 web

SORTE RAPAZAS.

Por fru, hace

O venres día 17 de xullo, excursión do grupo «Algueirada» ao parque acuático de Cerceda.

A expedición deste grupo folclórico cesureño saírá o venres día 17 de xullo dende a parte traseira da praza de abastos de Pontecesures para pasar un día de lecer no parque acuático de Cerceda.
Nun principio a excursión ía ter lugar mañá xoves, pero aprazouse un día, xa que os prognósticos meteorolóxicos son de choiva para o día 16 de xullo.