BALONCESTO: O CANTEIRAS DE PORRI?O E O EQUIPO A ELIMINAR NESTA FIN DE SEMANA PARA QUE AS NENAS INFANTÍS XOGUEN LIGA GALEGA

Logo do sorteo efectuado na Federación Galega  a principios de semán, foi o Canteiras de Porriño quen saiu coma rival co que se vai cruzar o noso equipo infantil feminino. A eliminatoria a dobrepartido é esta vindeira fin de semana.

Sábado ás 12 h. xogarase o 1º partido, en Pontecesures? día seguinte, domingo 1, partido de volta en Porriño, tamén ás 12 da mañá. O equipo gañador da eliminatoria pasará á liga galega 2009-10.

Esperamos conbtar con numeroso público tanto no partido da casa, coma no desprazamento afora. Para elo, sairá un autobus, o domingo 1 dende a explanada a carón da praza de abastos, ás 9.30 da mañá. A chegada está prevista en torno ás 15 horas. A viaxe será gratuita para as xogadoras e acompañantes, ata encher o autobus.

26092009075 web

SORTE RAPAZAS.

O venres día 17 de xullo, excursión do grupo “Algueirada” ao parque acuático de Cerceda.

A expedición deste grupo folclórico cesureño saírá o venres día 17 de xullo dende a parte traseira da praza de abastos de Pontecesures para pasar un día de lecer no parque acuático de Cerceda.
Nun principio a excursión ía ter lugar mañá xoves, pero aprazouse un día, xa que os prognósticos meteorolóxicos son de choiva para o día 16 de xullo.

“Infesta rachada” mañá en Pontecesures.

Mañá venres, día 12 de outubro, ás 19:00 terá lugar esta festa organizada para recadar fondos para a excusión de remate de curso dos alumnos/as de 4º da ESO do CPI Pontecesures.
A festa será na Prazuela, pero, se chove, celebrarase na Praza de Abastos de Pontecesures.
Por 5 ? ós asistentes poderán degustar empanada, un bolo preñado, refrescos e chocolate. Haberá agasallos sorpresas e música en directo.