O 3 de outubro é a data marcada para que se elixa a nova executiva provincial do Partido Socialista en Pontevedra. Despois dese día, o novo organigrama, previsiblemente con Modesto Pose á fronte, comezará a traballar coa vista posta na próxima cita electoral, as eleccións municipais.
O reto máis inmediato para as novas executivas provinciais será a preparación das municipais. ¿Como está posicionado o PSdeG para esa cita?
O Partido Socialistas na provincia de Pontevedra, desde o punto de vista municipal, é un partido sólido, potente, con alcaldías moi relevantes. A maior parte dos cidadáns da provincia de Pontevedra están dirixidos por alcaldes socialistas. Afrontamos as eleccións con moita solvencia pero tamén con moita responsabilidade. Onde teñamos marxe de mellora hai que traballar. Somos optimistas, porque as municipais son as eleccións nas que os socialistas nos sentimos máis a gusto. O municipalismo no PSOE ten un gran predicamento.
Extracto da entrevista. LA VOZ DE GALICIA, 20/09/09