Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Deportes

André Oliveira Campión de España 2006

Por Carmen Barreiro ·

Este fin de semána pasado non foi un fin de semá calquera para a historia do Nautico Pontecesures, posto que se acadou o *primer Campionato de España en embarcación individual*. Antigamente outros xo intentaron na era do antigo universitario caso de Juan Jesús Piñeiro no ano 1998 e Iván Figueira no 1997 ambos medallistas en Campionatos de España pero ningún deles conseguiu subir o máis alto do caixón.

podiumEsta pegada para historia do club consegiuna André Oliveira no embalse de Castrelo de Miño que despois de completar unha estupenda regata logrou cruzar a meta en primeiro lugar. Non era unha tarea fácil, diante del habia rivales de grande calidade, pero a fortaleza e a coraxe demostrada por este deportista levarono a conseguir o subcampionato galego e como escalafón final a temapada invernal o Campionato de España na categoría cadete.

A competición iniciouse o sábado a maña cunha proba contrarreloxo na distancia de 2.000 metros para realizar unha selección de palistas que finalmente poden acceder a disputar o Campeonato de España. Desgraciadamente neste corte quedaronse fora da final Lorenzo Riveiro e Cristian Barreiro pasando a final André Oliveira, Adrián Vicente e Marcos Pesado. A final de 5000m  para os cadetes disputouse o sábado pola tarde e para a categoría xuvenil o domingo pola maña.

Os resultados obtidos por estos deportistas foron os seguintes:
* Marcos Pesado:26º posto C1 xuvenil
* Adrián Vicente: 10º posto C1 cadete
* *André Oliveira: 1º posto C1 cadete*

Con esta competición cerrase a tempada invernal dando paso as competicións de velocidade e as competición de ríos e travesías.

POR: JAVIER BOUZAS, ADESTRADOR NAUTICO PONTECESURES

Máis sobre isto

15 comentarios

  1. C.F

    FELICIDADES ANDR?
    MER?CELO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    Responder
  2. fru

    FELICIDADES ESPECIAIS PARA TI E ?S COMPA?EIROS E COMPA?EIRAS DO CLUB NA?TICO, NO MEU NOME E NO DOS INTEGRANTES DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA. E UNHA BOA NOVA PARA PONTECESURES, POR FIN UNHA NOTICIA EN POSITIVO…
    Felicidades e disfrutao, e que sirva de exemplo para os mozos/as deportistas da zona, e o inicio dunha longa carreira deportiva a túa plagada de éxitos. Inda que este primeiro triunfo vai ser especial…non o vas esquecer na vida!!!
    Saudos a todo o Naútico.

    Responder
  3. C.F

    Por certo felicitar tamén ó adestrador, polo gran traballo que está a facer con eses cativos.
    FELICIDADES

    Responder
  4. Javier Bouzas

    Gracias por esas felicitacions. Un saudo a tod@s

    Responder
  5. alberto-boiro

    Felicidades Andre,sigue asi te lo mereces eres el mejor.

    Responder
  6. alex-boiro

    Andre cojonudo!felicidades

    Responder
  7. Carmen Barreiro Redacción

    Felicidades André, a ti e a todos!
    Traballades moito e merecédelo!

    Responder
  8. Luis Angel Sabariz Rolán

    Moitas felicidades ó campión e a tódolos palistas e monitores do Naútico. Non fun ó acto de entrega do obsequio do concello (cheguei cando estaba rematado de casualidade) pois non me avisou ningúen a pesar de ser concelleiro (o regalo foi sugragado con fondos deste concello) e tampouco me enterei na rúa. Teño constancia de que o propio alcalde deu instruccións para que non se me convidara a pesar de que sempre traballei todo o que puiden a prol deste club. Unha pena esta actitude da máxima autoridade. A tolerancia, o respecto e o diálogo a que tantas veces se refire son só frases de “boquilla” pero cada vez somos máis os que o coñecemos a fondo estes xestos tan prepotentes e inxustos

    Responder
  9. EU

    Non é lóxica a mestura da política e o deporte, este último e san.
    Non se debería usar algo tan bonito como o esforzo dun cativo para fins políticos!

    Responder
  10. Lola

    Estiven vendo as fotos do agasallo a este rapaz. Que facía Maribel no medio do allo?
    Pero non se supon que é concellal de Obras? Vexo lóxico que esté o alcalde e a concellal de deportes pero ela?????
    Apúntase a todas, como teña que aparecer na foto…

    Responder
  11. Nando ( o seu irmán )

    ¡¡ Ferlicidades !!
    Estou abraiado pola dedicación que cada día lle dedicas ó adestramento. Sen dúbida, asi se fai un Nº1, se segues así nadie te podrá deter.
    Noraboa!

    Responder
  12. Luis Angel Sabariz Rolán

    Noraboa tamén polo éxito ó Presidente Barreiro pola dedicación a estes rapaces. Haber se agora se incian tamén nenas nó piragüismo.

    Responder
  13. Carmen Barreiro

    A ANPA debería dicir os pais e nais que o clube nautico non conleva perigo para os fillos, moitas nais creen que é un deporte moi perigoso, e que no inverno os obrigan a saír o río.
    Teñen outras actividades, fan ximnasio, van á piscina, saen ó rio (abrigados, con chaleco, vixiados…..).
    Non é excusa para non ir! Seguro que o pasan moi ben!

    Responder
  14. Chus

    Saúdos a tódolos do Náutico

    Responder
  15. juan

    felicidades andy , k sigas asi joder !!!!!

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.