En outubro pasado colocouse unha marquesina doble na rúa Calera de Porto para protexer ós alumnos do C.P.I. Pontecesures que utilizan o transporte escolar logo de incluir esta actuación no Programa de Acción Municipal 2005 da Deputación Provincial de Pontevedra.

Recollendo a suxerencia de varios pais/nais solicítase agora que se cubra a fronte da metade desta marquesina xa que cando chove con vento do sur entra directamente o auga na propia marquesina.

Xunto coa presente envíolle un orzamento de data 01.02.06 da empresa subministradora da marquesina para o cerramento frontal citado e que ascende a 980,20 € e que teño no meu poder pois naquela data ocupaba o cargo de concelleiro de infraestruturas.

Espero que o cerramento se realice cando antes aproveitando a ocasión para solicitarlle igualmente que o entorno desta marquesina da rúa Calera sexa limpado regularmente pois últimamente houbo algún “botellón” que afectou a esta instalación.

Pontecesures, 21 de marzo de 2006

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de ACP de Pontecesures

SR. ALCALDE DE PONTECESURES