Neira Vila lerá o pregón da XI Festa da Lamprea de Pontecesures

[photopress:cartel_festa_da_lamprea_ok_.jpg,full,centered]

O escritor Xosé Neira Vilas será este ano o pregoeiro da undécima edición da Festa da Lamprea de Pontecesures. O concello deu a coñecer xa o programa desta cita gastronómica que se celebrará o 26 de marzo e que amplía a súa oferta lúdico-cultural.

O programa da Festa da Lamprea de Pontecesures arranca o 17 de marzo, cunha charla coloquio sobre a pesca da lamprea e a cultura marítima a cargo do presidente da agrupación de Valeiros e membros da Federación Galega pola Cultura Marítimo Fluvial.

O venres 24 de marzo ofrecerase unha proxección audiovisual de curtametraxes e estrearase o corto ‘Falamos’ rodado durante o nadal na localidade. O domingo 26 é o día grande. A xornada iniciarase con teatro de rúa a cargo do actor Pepe Penabade, que representará na plazuela Rudesindo da Barrosa. A música este día virá da man do cuarteto tradicional Chouteira e de agrupacións folclóricas de Pontecesures.

Para a lectura do pregón, o concello volveu apostar por unha persoa vinculada ás letras. Nesta undécima edición convidouse ó autor de Memorias dun neno labrego e membro da Real Academia Galega Xosé Neira Vilas. Como sempre, antes da comida oficial, as autoridades visitarán as cociñas onde se prepara a lamprea á bordalesa na praza da lonxa.

A carpa da degustación instalarase como tódolos anos no peirao e o prezo da ración será de 12 euros. Por este prezo, os comensais degustarán varios cachos de lamprea acompañados de arroz con picatostes e terán como agasallo o correspondente plato conmemorativo. A organización encargará 300 lampreas que darán para unhas mil racións. Ó igual que noutros anos, instalarase un acuario na carpa onde se poderán contemplar lampreas vivas

Esta entrada fue publicada en Concello y clasificada en , , , , . Guarda el enlace permanente. Publica un comentario o deja un trackback: URL del Trackback.

2 Comentarios

  1. Luis Angel Sabariz Rolán
    Publicado: 24-03-2006 a las 23:49 | Permalink

    Felicito a Carmen Barreiro polo interese que amosa en divulgar a XI edición da Festa da Lamprea.

  2. Manuel Certal de Arbo
    Publicado: 26-03-2006 a las 21:16 | Permalink

    Felicitacións para os organizadores da festa: a lamprea estaba moi boa, ainda que: “sen que ninguén se ofenda, prefiro a de Arbo”.
    Felicítovos tamén por invitar como pregoeiro a Xosé Neira Vilas. Estaría moi interesante que puxerades nesta páxina web o pregón completo deste gran escritor.
    Recórdovos que o dia 21, 22 e 23 de abril celebraremos a 46 edición da festa da lamprea na vila de Arbo; e de paso visitar as fermosas “pesqueiras” ó longo do noso rio Miño.
    Longa vida a tódolos rios, NON ÓS ENCOROS.
    Saúdos dende Arbo.

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.