ENQUISA SOBRE O COMEDOR ESCOLAR

O Concello de Pontecesures e a ANPA do CPI Pontecesures iniciaron os trámites de solicitude dun comedor escolar neste centro.
O claustro de profesores considera positiva a implantación deste servizo por consideralo un ben social.
Para que poidan continuar os trámites é necesario coñecer a demanda real deste servizo polo que pregamos contesten a estas dúas cuestións:

¿Estaría vostede interesado na utilización do servizo do comedor escolar para o seu fillo/a se este fora gratuito?

SI [ ] NON [ ]

¿Estaría vostede interesado na utilización do servizo de comedor escolar para o seu fillo/a se tivera que aboar unha cantidade aproximada de 2 € por día?

SI [ ] NON [ ]

Esta enquisa ten só carácter informativo.

Atentamente.
Pontecesures, 1 de xuño de 2006
A directora
Mª José Suárez Guzmán