Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Obras

A ACP critica o retraso na apertura da piscina municipal.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A pesar de que estamos xa a 7 de xullo todavía non está aberta a piscina municipal “A Serea” que está situada no peirao de Pontecesures (Avda. Eugenio Escuredo). Son varios os veciños que preguntan as razóns desta demora e numerosos pais/nais de nenos que queren asistir ós cursos de natación que teñen lugar polas mañás non se explican a que se debe este retraso.
Todo isto demostra a apatía e o desinterese do goberno local á hora de dar servizos ós veciños (se houbo problemas coas instalacións ou coa adxudicación do servizo houbo tempo para arranxalos e non esperar a última hora). Xa non é moito o tempo que pode estar aberta a piscina descuberta é, pola incompetencia do alcalde e do grupo de goberno, acurtase sen sentido algún.
Esperemos que a instalación sexa aberta neste fin de semana como desexan os veciños.

Máis sobre isto

4 comentarios

  1. Tiroliro II

    Están máis pendentes o alcalde e o responsable local do BNG que é o encargado de obras en tapar o caso do gasoil que en abrir a piscina. Entre as garrafas do combustible e as incalculables de productos de limpeza que serve outro do BNG non hai máis que sospeitas. En Pontecesures o bloque fai política de garrafón

    Responder
  2. kaka-tua

    Moi boa as tuas apreciacións acerca da politica de “transparencia” que segue o noso goberno municipal… espero que sigas contando cousas pois pareces unha persoa coñecedora da REALIDADE do noso pobo. E xa sabemops coma di o refrán: “A realidade supera moitas veces a ficcion”

    Responder
  3. Tiroliro II

    A realidade hoxe do concello é coñecida por moita xente kaka-tua. Na rúa contan de todo sobre o gasoil e ex-empregados da gasolinera comezan a falar de o que pasaba cando repostaban coches de xente do concello. Algún foise cabreado co xefe e agora raja que da gusto. Penso que pronto haberá novas precisas.
    Ademáis dígoche que Maribel “a da escola” está calada por que ten que tapar algúns asuntos. Polo visto o compañeiro da súa filla tamén fixo unhas obras para o concello e agora se está a coñecer ó detalle para sorpresa de moitos.
    Este dúo dinámico trapalleiro Angueira-Maribel aínda vai actuar moito no futuro

    Responder
  4. Vaticanista

    Pero Maribel; moito ir á misa e tanta vontade para organizar a homenaxe a D. Severino e andas a facer chanchullos favorecendo á parentela. Hai que aplicar aquilo de “A Deus pregando e có mazo dando”

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.