Dende hoxe estou empadronado en Sevilla. Levo aquí seis anos e medio e, tras mercar unha casa en Sevilla, e ter a miña vida máis ou menos feita aqui, xa era hora de marcar o cambio de domicilio.

Moitos son os cesureños que viven fora de Pontecesures, algúns estarán ainda empadronados en Pontecesures, outros non, e moitas serán as causas polas que non viven en Pontecesures. É por isto que plantexo unha pequena equisa, cunhas simples preguntas, para ver cales estamos nesta situación. Uns vivirán preto (Padrón, Santiago, Vigo…), e outros máis lonxe, e noutros paises. 

As preguntas son as seguintes, e aproveito para poñer a primeira resposta a esta “enquisa”. O resto de respostan poden ir coma comentarios.

A) Lugar de Residencia actual e tempo dende que estás nese lugar:

En Sevilla, fai seis anos e medio.

b) ¿ Cómo é que chegastes ahí ?

Por traballo, apareceu unha boa oferta laboral en Sevilla e alá fun.

c) ¿ Pensas voltar a Pontecesures algún día ? ¿ Cando ?

Si, pero ainda non sei cando poderá ser.

d) ¿ Que votas de menos ? 

Moitas cousas, á miña familia, á miña xente, ...

e) ¿ Cantas veces vas a Pontecesures ó longo do ano ?

Normalmente tres veces: No nadal, pola Pascua (este ano non fun), e en Agosto, para as Festas de Porto.