SABADO 9 DE SETEMBRO FESTA DA BICICLETA 2006

Publicado por fru en

O Concello de Pontecesures organizou outro ano mais, e coincidindo ca volta ó cole dos cativos, unha nova edición da Festa da Bicicleta. A cita será o vindeiro sábado día 9, e a hora de inicio da mesma a partir das 17.30 h na Plazuela, lugar de saida do percorrido, polo que se recomenda ós participantes estar a partir das 5 da tarde na Plazuela.

Esta Festa ten un caracter puramente lúdico, non habendo ningún tipo de competición, senón que se trata de dar un paseo por Pontecesures «escoltados» por Proteccion Civil e a Policia Local, para non ter problemas co tráfico de vehículos.

Ademais colabota na organización desta Festa a Deputacion provincial, ca entrega dunha serie de obsequios que se fan nun sorteo ó rematar a carreira, así coma os trofeos para os participantes mais novos e de mais idade.

Xa o sabedes, animádevos a participar.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.