• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Concello / O alcalde propón as festas locais para 2007 cando ten que facelo o Pleno.

O alcalde propón as festas locais para 2007 cando ten que facelo o Pleno.

12-09-2006 por Luis Angel Sabariz Rolán 5 comentarios

Dende a Delegación da Consellería de Traballo solicitaron ao concello de Pontecesures que propuxera, coma tódolos anos, as dúas festas locais para publicar nos xornais oficiais concedendo un prazo que remata o 20 de setembro.

O artigo 2º do Decreto 130/2006 da citada consellería polo que se determina o calendario laboral para 2007, contempla que as dúas festas locais serán determinadas polo delegado de Traballo, a proposta do Pleno dos respectivos concellos.

A pesar da claridade da norma, o alcalde Sr. Alvarez Angueira, mediante resolución de 08.09.06, e antes de delegar as funcións do cargo na 1ª tenente de alacalde entres os días 9 e 14 de setembro por disfrutar dun período de vacacións, decide pola súa conta fixar as festas locais sen esperar a pleno algún e sen consultar coa oposición para nada este tema.

Sen entrar a valorar a súa decisión (fixou como festivos locais o 8 de xaneiro San Xulián xa que o propio día que é o 7 cae en domingo, e o día 2 de xullo Luns do Carme) resulta sorprendente que o alcalde incumpla a normativa privando ao pleno (no que por certo está en minoría) de facer a proposta sobre as festas locais.

A ACP denuncia que o alcalde xa leva dous plenos ordinarios sen comparecer e nos que o goberno municipal non propuxo acordo algún. Evita o debate, non quere respostar ás preguntas, non da cumprimento aos acordos adoptados e agora priva ao máximo órgano colexiado do concello que decida un asunto previsto na normativa.

Esta e a capacidade de diálogo e de tolerancia da que fala o Sr. Alvarez Angueira. Quere dirixir a xestión de xeito unilateral sen contar con ninguén despreciando aos representantes das outras forzas políticas que forman parte do pleno da corporación.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures

Archivado en:Concello, Sin Categoria Etiquetado con:Angueira, Concello, pleno, Pontecesures, sabariz, San Xulián

Interacciones con los lectores

Comentarios

  1. Paspallás dice

    12-09-2006 en 23:50

    Esto das festais locais era moi comentado hoxe nalgún bar do pobo. Autoritarismo barato e medo a ir ós plenos. Diciame un membro de unha familia de San Xulián hoxe, que dos cinco votantes que eran todos do BNG ningún votará a Angueira por trapicheiro. Dícian que só fixo empregar as irmás, aos do bloque, as amigas e otros comentarios que é mellor non dicir en público.

    Responder
  2. Moscón dice

    14-09-2006 en 20:31

    O alcalde bombeiro agora sóbralle todo o mundo e fai o que lle da a gaña. Só pode ser dominado en algún barullete pola garda pretoriana pois están compichados por moitos temas e hai que manter as bocas pechadas a collóns.

    Responder
  3. Pili dice

    15-09-2006 en 18:38

    Mal Molulo x ke o dia 8 de enero e morto e solo hai rebaixas. O festivo ten que ser o venres das festas de porto para comer ben os mexilons do xoves cando o patrón e domingo. Ke burrada.

    Responder
  4. DANIEL SEIJAS dice

    16-09-2006 en 22:29

    pois seria bo,xa foi moitos anos xa pasara,era un neno,o venres de porto fora festivo local,aínda que claro o patrón é o patrón san xulián,si ese dia ou vispera se fixera unha festa con orquestras e bandas,que nesa epoca son baratas cambiaba a cousa…tamén o luns de pascoa poderia ser outra opción (pero esto se cadra parace satelizarse a padrón).Que fagan como vexan.

    Responder
  5. Vaticanista dice

    17-09-2006 en 17:20

    Pois sí en 2007 o festivo debía ser o venres do San Roque de Porto ao ser San Xulián domingo. Sería unha xusta homenaxe ao santo de Montpellier. Pero que se lle vai pedir a Angueira…
    A Seijas véxolle o plumeiro pois xa quería orquestras en San Xulián. Como é representante de grupos musicais…. ¡Hai pillín!

    Responder

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Dtos de infectados pola COVID na zona.
  • El cribado de Cesures, con 8 positivos, ahonda la imagen de la negra situación en el Baixo Ulla
  • Diez contagios COVID en el CPI Pontecesures.
  • Preocupación en Ulla-Umia por el COVID.
  • O número de infectados COVID segue a medrar moito.

Comentarios recientes

  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Maneiro Vilagarcía Catoira sar Diario de Arousa plaza Concello lamprea xunta ACP concurso Pontevedra n-550 fiesta tripartito Campaña Caldas a ponte fin de semana Porto valga río ulla Angueira sábado santiago la voz de galicia fútbol protección civil curso psoe pp obras iglesia Ulla festa Vigo tren padrón correo gallego pleno Pontecesures Historia sabariz BNG faro de vigo

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños