Na Delegación da Consellería de Traballo en Vigo, e para comparecer entre as 9,30 e 9,50 horas do día 18 de xaneiro de 2007, están citadas as tres aspirantes que optan a seren administrativa do obradoiro de emprego. As tres desempregadas preseleccionadas pola Oficina de Emprego de Vilagarcía, logo da presentación da oferta de emprego polo Grupo de Traballo Mixto son: Carmen Iglesias González, Dolores Oliveira Pardal e Ana Luz Tarela Barreiro.
As citadas persoas serán entrevistadas polo Grupo de Traballo Mixto que seleccionará a unha delas. Lémbrase que o citado grupo está composto por tres representantes da Delegación de Traballo e por tres representantes do Concello (o alcalde, Maribel Castro e Margarita García Castro)