16/Ene/2007
O EQUIPO DE FUTBITO DO PONTECESURES C. F. EMPATOU NO SEU PARTIDO DO PASADO SÁBADO
Xogou dito encontro en Teixeiro (A Coruña), finalizando cun resultado de empate a 4 no marcador. Importante foi a intervención do porteiro, que se convirteu no “salvador” dese punto ó parar unha falta feita ó mellor xogador dos locais, sinalada como “penalti-dobre” cando faltaban uns segundos no marcador. O porteiro cesureño detivo o lanzamento desa falta e mantivo o empate.
Este é o 2º empate consecutivo que acadan, e con este encontro finaliza a primeira volta da liga na que participan. Agora este fin de semana é de parón, e o seguinte comenzana a 2ª volta enfrentándose ó Boiro a domicilio.
Por fru. Arquivado en: Pontecesures C.F
2 Respuestas a “O EQUIPO DE FUTBITO DO PONTECESURES C. F. EMPATOU NO SEU PARTIDO DO PASADO SÁBADO”
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.



