O venres día 9 de marzo 2ª “Festa dos anos 80″ na Maty
A partir das 23 horas do venres día 9 de marzo, terá lugar na Discoteca Maty de Pontecesures a “2ª Festa dos anos 80” con entrada gratuita. Está organizada por un grupo de persoas de Padrón que eran asiduos á citada discoteca neses anos. A primeira festa tivo lugar en outono pasado e foi un éxito espectacular con gran ambiente ata altas horas da madrugada. Faise un chamamento ás persoas maiores de 30 anos para que asistan a esta festa para rememorar os vellos tempos. A festa terá lugar nas instalacións da nova Maty pois as antigas do edificio de dúas andares está adicado na actualidade a almacén.
Estanse a prodigar estas iniciativas na comarca, xa que hoxe día 3 a partir das 23 horas haberá, tamén con entrada gratuita, una Festa dos anos 60-70 no Casino de Padrón. “Pinchará” discos daquelas décadas, Héctor Bermúdez o popular locutor de Radio Valga.
14 Respuestas a “O venres día 9 de marzo 2ª “Festa dos anos 80″ na Maty”
xa tasme a disir que ti es xusta e reconoses o merito, sabaris nonme fixo mal aljun, nin mal nin ben como a sesures, sete anos jobernando para acabar de radiador de notisias, ajora por que escribe e di o malo que e o mANJEIRA e un heroe, sabes o que che dijo: PELOTA que de parvo teño pouco. CHANCHULLOS A casa da collona.
Veija, no formulario para escribir comentarios aparece debaixo:
As mensaxes en formato SMS son para os telefonos non para a web, escribe de forma “normal”, non che vai custar máis, e os lectores agradecerano.
Esto aplicase tamén á túa forma de escribir. Por outra parte, como ben di “outro”, repeta ó resto da xente e comportate ca educación e boas formas que se che presupoñen.
Un saudiño.
Haberá que ir hoxe á Maty a tomar unhas copiñas. Quén non lembra aquelas copas dos anos 80 co lavado de vasos naqueles cubos. Nin lavavaixelas nin ostias. Vasos ao caldeiro con auga ata o fondo e outra vez para arriba. E non se intoxicou ninguén. Os máis escrupulosos bebían aquelas cervexiñas a morro.
E os morreos naqueles sillóns cunha escuridade total. Algún ou algunha ás veces confundíase de parella. Era o que había…........
Pois si,tiroliro
a verdade e q isto gùstame mais, quero decir este comentario, por unha vez en moito tempo
saeme un soriso o ver a pàxina…
¡ que tempos aqueles…
saudiños
Moi Mal SO4H2, ... parecía o típico mensaxe de Spam que aparecen a miudo e teño que borrar. Caracteres raros e outro idioma.
Si queres comentar sería recomendable que fose “para todos”.
P.D.: Unha vez que o comentario foi pasado ó AKISMET (filtro de Spam) xa non se pode recuperar de ningúnha forma
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


