A empresa CASTELO OBRADOIRO DE PEDRA de Picaraña-Padrón enviou ó concello o orzamento da rehabilitación deste emblemático cruceiro cuia cruz foi derrubada ao montar un palco dunha orquestra na tarde do día 24 de agosto (Festas de San Roque de Porto). A cruz parteuse en vinte anacos e agora vaise restaurar.

O orzamento foi enviado á compañía aseguradora da empresa causante dos danos e tamén se vai elaborar, pola empresa que vai facer os traballos, unha memoria das tarefas a realizar para remitir á Delegación Provincial de Cultura que ten que dar o visto bo á actuación.

O equipo de goberno do concello de Pontecesures, está tratando de activar tódalas cuestións para que o cruceiro sexa arranxado canto antes como demanda a cidadanía.