Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

O concello organiza unha excursión para maiores a Vilanova da Cerveira (Portugal)

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Vilanova da CerveiraSerá o sábado día 13 de outubro co seguinte programa:

* Saída ás 9 da mañá da Plazuela.
* Visita á vila de Vilanova da Cerveira e á Feira que se celebra ese día.
* Xantar en Tui.
* Visita ao Monte de Santa Tegra e a Baiona.

Os prezos son de 15 â?¬ (cota xeral) ou de 10 â?¬ (cota reducida) e inclúe tódolos custos: Guía, autobús, entradas, xantar, segura da viaxe, etc..

O prazo de inscrición comeza o 1 de outubro e remata o día 9 de outubro.

O requisito para acodir a esta viaxe e ser maior de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidas deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

A cota reducida apjlicarase só ás persoas que acrediten documentalmente ter ingresos inferiores a 313 â?¬ mensuais (certificados do INSS ou de entidades bancarias).

As prazas son limitadas e os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello, os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.