O concello organiza unha excursión para maiores a Vilanova da Cerveira (Portugal)

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Vilanova da CerveiraSerá o sábado día 13 de outubro co seguinte programa:

* Saída ás 9 da mañá da Plazuela.
* Visita á vila de Vilanova da Cerveira e á Feira que se celebra ese día.
* Xantar en Tui.
* Visita ao Monte de Santa Tegra e a Baiona.

Os prezos son de 15 � (cota xeral) ou de 10 � (cota reducida) e inclúe tódolos custos: Guía, autobús, entradas, xantar, segura da viaxe, etc..

O prazo de inscrición comeza o 1 de outubro e remata o día 9 de outubro.

O requisito para acodir a esta viaxe e ser maior de 60 anos (os/as cónxuxes e/ou parellas de feito están eximidas deste requisito) e estar empadroados/as en Pontecesures.

A cota reducida apjlicarase só ás persoas que acrediten documentalmente ter ingresos inferiores a 313 � mensuais (certificados do INSS ou de entidades bancarias).

As prazas son limitadas e os asentos no autobús serán asignados segundo a orde de inscrición.

Para máis información e inscricións deben dirixirse ao Servicio Social de Atención Primaria do Concello, os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.