A Xunta de Goberno na Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria de 24/10/07 acordou conceder á o Concello de Pontecesures unha área infantil para nenos de 5 anos, unha área infantil grande tipo A, ata 14 anos, e unha área de práctica deportiva.

O concello debe achegar a cantidade de 7.160,00 € que corresponde ó 10% do custo total destas áreas.

O subministro e instalación destes parques e da área deportiva vai ser realizado por CONTENUR S.L. debendo o concello poñer a dispusición da Deputación o terreo debideamente preparado e acondicionado e contar coas autorizacións pertinentes.