NOTA DO EQUIPO DE GOBERNO DE PONTECESURES

En relación coas eleccións xerais de marxo de 2007, nesta data solicitouse á Oficina do Censo Electoral do INE en Pontevedra o traslado para o CPI Pontecesures da mesa electoral U que se instalaba no edificio do antigo club xuvenil situado na estrada Raimundo García Domínguez “Borobó”.

A razón fundamental para este traslado é que o edificio do club xuvenil non ten unha entrada axeitada para o acceso de discapacitados/as, ou enfermos, en cadeira de rodas, e así,en bastantes ocasións, foi preciso sacar as urnas fóra do recinto para posibilitar que estas persoas exerzan o seu dereito a voto.

Nesta mesa U votan os veciños de Grobas-Fenteira, Condide, Toxa, Carreiras e Infesta e a ubicación proposta do CPI, e dista só uns 100 metros do local onde se viñan celebrando as eleccións dende sempre.

Esta modificación xa foi solicitada por algunha forza política con anterioridade, pero ata agora nunca fora solicitada formalmente polo concello.

De aceptarse a proposta as tres mesas electorais de Pontecesures estarían ubicadas no CPI Pontecesures, sendo isto moito máis operativo, incluso, para evitar confusións ós electores.

Pontecesures, 10 de decembro de 2007