Na tarde de hoxe bótase a zahorra no campo da festa de Carreiras.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Os traballos de extendido e compactado da zahorra realízanse esta tarde neste campo da festa situado nas proximidades da pista da Barosa. Lémbrase que nesta zona tamén para o autobús do transporte escolar e leva ós nenos de Toxa e Carreiras que asisten ás clases no CPI Pontecesures (parada conquerida para este curso 2007/2008)
Esta actuación lévase a cabo, logo da petición da Comisión de Festas de Carreiras xa que o día 12 de xaneiro celébrase a festa do lugar e preténdese que o o terreo estea nas mellores condicións posibles.
Este firme é provisional, pois está previsto o pavimentado con asfalto do espazo, por parte da maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra.

Categorías: Concello

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.