Despois de moitos anos, haberá de novo procesións de Semana Santa en Pontecesures.
Serán dúas procesións simultáneas que terán lugar o día de Venres Santo ás 11 horas.
Unha, coa imaxe de Cristo, sairá do Cruceiro de Carreiras co seguinte percorrido: Subida a Carreiras, interior de Infesta, Pino Manso, rúa do Castro, Camiño de San Xulián e A Plazuela.
A outra, coa imaxe da Virxe Dolorosa, sairá da praza dos Valeiros de Porto co seguinte percorrido: rúa Deputación, rúa Portarraxoi, rúa San Lois e A Plazuela.
Despois do encontro das dúas procesións na Prazuela, ás 12 horas o Pai Isorna (franciscano) pronunciará o “Sermón das sete palabras”.
O Xoves Santo á Misa Solemne será ás 19 horas e a Hora Santa ás 22 horas. Os oficios de Venres Santo serán ás 19 horas, e a Solemne Vixilia Pascual do Sábado Santo será as 21:30 horas dese día.
5 Respuestas a “Despois de moitos anos, haberá de novo procesións de Semana Santa en Pontecesures.”
a procesion claro que a verei pero noutros lugares o que fan e coller a xente para participar… non sei como será esta procesion , se preguntaba era para saber se se podía participar en algo nela.
Sabariz pregunteite a ti porque pensei que o saberias non foi por outro motivo pero xa lle preguntarei ó párroco,moitas grazas de todas formas.
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.


(7 votes, average: 3.86 out of 5)
