Desgraciadamente reaparecen as gamberradas nas noites dos fins de semana en Pontecesures. Esta mañá os espellos de tódolos coches estacionados na marxe dereita da rúa Victor García (dirección Pontevedra-Santiago) apareceron con golpes no espello exterior, o do lado do conductor. Dende a beirarrúa os gamberros díronlle golpes. Algúns só quedaron virados, pero os de cinco coches foron rompidos (a estructura, ou o propio espello). Tamén foi danada unha papeleira desta rúa.
Resulta incomprensible que alguén se divirta facendo estas barbaridades. E triste que un veciño atope pola mañá o seu coche con danos por mor de absurdas accións de persoas que só merecen o rexeite de todos.
Os feitos foron postos en coñecemento no cuartel da Garda Civil de Valga.