«Os bos churros levan moito cariño»

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

churreras.jpg

Josefina Jamardo, Patricia Constantino e Isolina Lafuente, tres churreiras de Pontecesures.

Los churros de Pontecesures son do melloriño non só o saben os veciños desta vila senón que a súa sona chega a toda Galicia. As máis dunha ducia de churrerías artesanais cesureñas percorren a miúdo as catro provincias da comunidade para levar este saboroso produto ós eventos máis diversos. Para recoñecer a gran tradición deste sector no municipio cesureño celébrase esta tarde a I Festa do Churro, na que se repartirán arredor de 6.000.
Josefina Jamardo é unha das seis churreiras que colaboran. Hai uns vinte anos que ten o seu negocio pero pódese dicir que Fina naceu cun churro debaixo do brazo. O seu é un oficio de tradición familiar, que foi fundado polo seu avó. Redondela, Ponteareas, Tui, Porriño, Arteixo, Vigo? son algúns dos lugares nos que Fina deixou un bo sabor de boca cos seus churros.

Xa se sabe que, canto máis quentiños, mellor saben, pero os bos churros teñen ademáis outros segredos. Non están nos ingredientes, que se reducen a fariña, auga, aceite e azucre, senón no xeito de facelos: artesanalmente. ??Non utilizo ningunha maquinaria, amaso a man e así sabe moito mellor?. Ademáis hai que poñerlle sentimento ó oficio: ??ós bos churros hai que poñerlles cariño, ó igual que fan os cociñeiros coas súas receitas?.

Fina está encantada coa iniciativa da Festa do Churro. ??? fantástico que se acordaran de nós, porque pensabamos que estabamos un pouco olvidados e non é así?, asegura. Gústalle o seu traballo, aínda que tamén ten a súa parte menos fermosa: ??Cando todos están de festa e pasándoo ben nós temos que traballar?, pero isto compénsase ó comprobar que os seus clientes siguen fieis. Hai quen non concibe unha boa festa sen un pulpeiro. Outros tampouco a entenden sen un posto de churros e, se é de Pontecesures, mellor que mellor.

DIARIO DE AROUSA, 07/07/08

Categorías: ConcelloSociedade

1 comentario

Visitante · 7-07-2008 a las 11:03

En principio agradezco la iniciativa, y espero que viendo el resultado alguna de las «churreiras» se anime a montar los domingos en Pontecesures, las echamos de menos.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.