13/Jul/2008
Na pasada madrugada entraron a roubar na piscina municipal.
Nesta pasada madrugada, persoa ou persoas descoñecidas entraron nas instalacións da piscina municipal e romperon a porta do vestiario de homes e unha fiestra do almacén do bar quedando numerosos cristais polo chan do recinto.
Ó parecer os ladróns levaron varias bebidas. Realizaron a inspección ocular axentes da Garda Civil de Caldas de Reis. Mañá os operarios municipais procederán ó arranxo dos danos.
Por Luis Angel Sabariz Rolán. Arquivado en: Concello
Deja una Respuesta
Debes estar conectad@ para enviar un comentario.

(8 votes, average: 4.5 out of 5)
