Protección Civil de Valga procedeu a retirar unha árbore cáida no tramo do Camiño Portugués entre Pino e Chenlo (Setecoros), tralo aviso duns peregrinos. Segundo os voluntarios, a ruta xacobea viuse moi danada días atrás por un “pequeno tornado” que tirou árbores e algunhas infraestruturas e afectou ó tendido eléctrico.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 02/09/08