O EQUIPO INFANTIL MASCULINO DO C.B. RIO ULLA CLASIFÍCADO PARA AS SEMIFINAIS DE LIGA

Publicado por fru en

Esta mañá os nenos infantís do noso club lograron pasar a eliminatoria de cuartos ó eliminar ó Xuven de Cambados. O resultado do partido de volta, disputado en Cambados, foi de 60 a 54 para os locais, pero coma queira que os nosos rapaces gañaran por 22 o pasado fin de semana, lograron acadar o pase ás semifinais.

O partido de hoxe estivo ben controlado polo Extrugasa, que perdia de 4 logo do 1º cuarto: 23 – 19. pero no 2º cuarto, sen o mellor de Cambados xogando, o Extrugasa domiñou estes 10 minutos, chegando ó descanso domiñando 29 – 37. Un gran Dav anotou 20 puntos nesta 1ª parte, logo dos 37 anotados o outro dia. 

No inicio do 3º cuarto Extrugasa chegou a domiñar por 11, 37 – 48, pero os minutos finais dese cuarto, co equipo notando as baixas de Jose Carlos, Yago e Pablito, os locais apretaron e dironlle a volta ó marcador: 52 – 50.

Nun ultimo cuarto moi defensivo, un ultimo parcial de 8 – 4 clasificou ó Extrugasa. E poido levarse o partido se o cansancio e os nervos non apareceran nestes minutos finais, popis tanto Pablo, coma Jose Antonio, coma o propio David fallaron varias canastas fáciles. Importante nos ultimos 13 minutos de partido foi a defensade Martín sobre o mellor cambadés, ó que lle roubou varios balóns a un xogador que lle sacaba unha cabeza de alto.

INFANTIS C. B. RIO ULLA 2008-09

INFANTIS C. B. RIO ULLA 2008-09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.