Familia numerosa en Campaña, en momentos de crise.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

As catro ovelliñas son as delicias de todos os membros da familia valguesa.

Se xa nos tempos nos que andamos é difícil atopar partos de xemelgos, máis raro é ver como unha ovella trae ao mundo catro novos membros. Isto foi o que aconteceu o luns na parroquia valguesa de Campaña onde unha familia comprobou, para sorpresa de todos, como un dos seus animais paría case un equipo de baloncesto.
Tino, Tina, Elías e Elisa son os nomes que os donos elixiron para estes novos membros da familia, que xa son a alegría da casa. A elección destes nomes ten unha explicación moi sinxela: Os dous primeiros, pola proximidade da celebración do día de San Valentín coa data de nacemento, e os últimos, por ser a onomástica que tiña lugar o día que naceron.

O bautismo dos recén nacidos foi case inmediato pero, por sorprendente que pareza, a proxenitora non poderá festexar a súa onomástica, posto que oficialmente aínda non ten nome.

Feito habitual > A esta familia de Campaña non se lles fai raro este nacemento xa que no parto anterior foron tres as crías que naceron. Aínda así, a pesares de tratarse de algo ??normal? para eles, a sorpresa foi maiúscula cando un dos membros tivo que ir atender o parto.

Os catro pericos, aínda que chegaron nun parto múltiple, naceron sen ningunha complicación e ás poucas horas xa estaban a pacer herba no campo no que a familia acostuma deixar aos animais para que se alimenten.

En definitiva, un feito insólito que fixo felices sobre todo aos membros máis pequenos desta familia valguesa para os que os novos pericos son como un novo xoguete, aínda que vivo, cos que divertirse nestes días nos que o tempo está a dar unha tregua, logo das chuvias que fixeron acto de presencia hai unhas semanas.
OS PARTOS M?LTIPLES son algo habitual nesta casa xa que o pasado mércores unha cabra traía ao mundo dúas crías, algo que, ao parecer, xa é habitual neste animal e á familia non lles parece raro; é máis, se só trouxera un si que sería algo pouco habitual.

DIARIO DE AROUSA, 22/02/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.