O Cafetería Sol y Mar cede o seu terceiro empate da tempada ante o Trans. Veiga.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Sen novidades á fronte da liga de Futbito Veterán de Valga. O Cafetería Sol y Mar segue sen atopar un rival quen de superalo despois de quince xornadas de campionato. Mais o Trans. Veiga/Bar O Belén pode sentirse satisfeito, logo de arrincarlle ao líder invicto o seu terceiro empate no que vai de tempada. O resultado, 1-1.
Pola súa banda, o A Palmeira aproveitou a segunda e derradeira xornada de descanso do A Cacharela/Karymo para situarse na segunda praza da clasificación, mercede á súa goleada sobre o colista, o Extrugasa, 0-6. O resto da xornada ofreceu os seguintes marcadores: Bar Muelle 1-2 A Redonda; Benjamín Ramos 1-0 Desigual; Valdeza/Bar Juan 2-0 Elite Electricidad; e A Casa Vella 1-2 Joyería Riveiro.
Deste xeito, a clasificación provisional queda da seguinte maneira: 1º Cafetería Sol y Mar (36 puntos); 2º A Palmeira (31); 3º A Cacharela/Karymo (30 e un partido menos); 4º A Redonda (28); 5º Benjamín Ramos (28); 6º Desigual (19); 7º Valdeza/Bar Juan (18); 8º Trans. Veiga (14); 9º A Casa Vella (11 puntos e un encontro menos); 10º Elite Electricidad (10), 11º Bar Muelle (10); 12º Joyería Riveiro (9); e 13º Extrugasa (9).
A xornada deste domingo inclúe os partidos Desigual-Cafetería Sol y Mar; A Palmeira-A Casa Vella; e A Cacharela-Valdeza.

LA VOZ DE GALICIA, 25/02/09


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.