• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Cultura / O cesureño Fernando Rodríguez, único galego que participou no Festival de Cine Árabe Amal, co filme «Seis Estrelas»

O cesureño Fernando Rodríguez, único galego que participou no Festival de Cine Árabe Amal, co filme «Seis Estrelas»

1-11-2009 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

«A curta nace da impresión que me causou a relación entre a miña filla e unha nena saharauí»

Amal significa en árabe «esperanza». Este é o nome que recibe, dende a súa creación no ano 2003, o actual Festival de Cine Euro Árabe que se celebra todos os outonos en Compostela e que se constitúe como unha das grandes citas do audiovisual das que se celebran en Galicia.

Este ano só hai un galego entre os preto de 30 autores que, finalmente accederon ao festival de entre os máis de trescentos aspirantes, a nivel internacional. O protagonista desta historia é Fernando Rodríguez, un veciño de Pontecesures que presentou unha curta documental ao festival e cuxo traballo foi recoñecido coa distinción de ser o único membro da Comunidade Autónoma de todo o cartel. A peza seleccionada leva por nome «Seis Estrelas».

¿Como se mete unha curta galega nun festival de cinema árabe?

Bueno é que o tema encaixa perfectamente porque versa sobre nenas saharauís en Galicia e a súa relación con nenos de aquí.

¿Como xurde esta idea?

Eu son pai acolledor. Cómpre explicar para quen non o saiba que todos os anos fánse intercambios en Galicia co pobo saharauí, Nenos de ata trece anos pasa aquí os veráns, acollidos por familias que así o solicitan. O documental céntrase pois na experiencia da miña familia.

Descártase que sexa unha curta de ficción…

Claro, é o relato de relación entre os nenos, que me impresionou profundamente.

¿Por que?

Pois por ver como a miña filla acolleu sen máis á nena saharahuí, como unha amiga máis, cunha relación de normalidade absoluta, Os nenos dannos unha lección neste sentido aos maiores. Aínda hai moitos prexuizos nese sentido.

¿De que da conta, pois a historia que se narra nese documental?

Foi rodado con moita frescura, sen apenas guión, Creáronse unhas pautas previas, claro, pero díxoselle ás nenas que tiñan liberdade absoluta para falaren e facer entre elas o que quixeran. Incluso foron as nenas as que escolleron o nome para a curta, «Seis Estrelas».

¿Cal foi o resultado?

Unha espontaneidade, frescura e naturalidade difícil de describir. Elas falan das dúas cousas, comentan a última gala de Operación Triunfo ou unha serie de cousas intrascendentes para nós, coma un par de amigas máis, que son, realmente, o que son.

¿En que escenarios rodaron?

Pois estivemos en Taragoña, Valga e Santiago.

¿En que datas?

Foi todo no verán de 2007, aínda que gravamos nunha semana. Bueno, a iso hai que sumar, claro, todo o traballo de producción e demáis.

¿Continúa acollendo dende entón á mesma nena?

Non, xusto 2007 foi o último ano que veu. O programa só é para menores de 13 anos. Por iso nos decidimos a facer ese documental no derradeiro verán que estivemos xuntos.

Foi dura a despedida…

Imaxina. Estivera con nós varios veráns e a miña nena xa falaba dela coma a irmá que viña neses tres meses…Ademais estivo un inverno enteiro con nós porque enfermara de tuberculose e quedara aquí.

¿E agora?

Agora estamos xa en marcha. Andamos a procurar financiamento para o novo traballo, pero a cousa está realmente complicada. A nosa intención e facer a viaxe de volta: Ir nós coas nenas aos campamento de refuxiados saharauís e facer alí a outra historia.

«Arousa, un mar de cultura». DIARIO DE AROUSA, 01/11/09

Archivado en:Cultura Etiquetado con:Diario de Arousa, festival, Historia, INEM, Pontecesures, relato, santiago, valga

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • El cribado de Cesures, con 8 positivos, ahonda la imagen de la negra situación en el Baixo Ulla
  • Diez contagios COVID en el CPI Pontecesures.
  • Preocupación en Ulla-Umia por el COVID.
  • O número de infectados COVID segue a medrar moito.
  • Medio millar de positivos en O Salnés y el Baixo Ulla en solo dos semanas.

Comentarios recientes

  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Porto n-550 santiago Pontecesures Caldas padrón lamprea pleno tren valga plaza Angueira Vilagarcía Catoira tripartito obras fiesta protección civil fin de semana sabariz sábado concurso Ulla río ulla Diario de Arousa iglesia pp BNG Vigo faro de vigo Maneiro Concello sar Pontevedra la voz de galicia Historia a ponte curso ACP psoe Campaña correo gallego xunta festa fútbol

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños