Pontecesures insta al ADIF a anunciar por megafonía la vía por la que acceden los trenes a la estación.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

El gobierno local de Pontecesures ha reclamada al ADIF que corrija algunas de las deficiencias y peligros que se producen en la estación de tren del municipio y que están relacionados con la falta de información sobre la vía por la que llegarán los convoyes. Son dos las vías que discurren delante del edificio de la estación y, habitualmente, los trenes circulan en cualquiera de las dos direcciones estacionan en la vía del andén principal, donde están los viajeros esperando para subir al ferrocarril.
Sin embargo, cuando se produce un cruce de trenes en la zona surgen los problemas, ya que los usuarios desconocen con antelación la vía por la que llegará el tren y el andén en el que tienen que colocarse para poder entrar en el convoy. Esta situación provoca frecuentes quejas de los usuarios ya que no sólo genera confusión, sino que supone un «enorme peligro para los usuarios», indica el tripartito en el escrito que remitió al director de Operaciones del Noroeste de ADIF, Jesús Sobrino Carrera. Y es que los viajeros tienen que cruzar las vías para cambiar de andén. Así, añaden desde el gobierno municipal, «se pueden apreciar a diario las dificultades que tienen las personas para cruzar los raíles con los trenes estacionados», unas dificultades que son mayores cuando se trata de personas de edad avanzada o que llevan niños o van cargadas con equipajes.
El Concello, en su campaña para que se mantenga la línea férrea convencional y por potenciar el uso del ferrocarril, insta al ADIF a que corija esta situación e instale, con la mayor brevedad, un sistema de información por megafonía desde el puesto de mando y unos paneles informativos alfanuméricos. De esta manera, los usuarios del tren podrán conocer con antelación la vía por la que van a llegar los convoyes e incluso se les podría informar sobre cualquier incidencia relativa al servicio, como demoras en las llegadas o ssalidas o entrada en vigor de nuevos horarios.

Horarios.
Sobre esta cuestión, el concejal de Relacións Institucionais, Luis Sabariz, confirmó hace apenas unos días que a partir del 20 de diciembre habrá una variación que afectará al primer tren que para por la mañana en Pontecesures y que se dirige a Santiago. Llegará un poco más temprano (actualmente lo hace a las 6:40 horas) y será más económico puesto que el servicio se realizará en un convoy diferente.
Para febrero de 2011, Renfe Operadora tiene previsto una modificación más importante del cuador de horarios y, desde el concello cesureño, insisten en solicitar que el tren que parte desde Santiago a las 21:33 horas haga paradas en Padrón y Pontecesures sobre las 21:50 horas, al igual que hacen otros trenes de las mismas características. En la actualidad, el último tren procedente de Santiago para Pontecesures es el que sale a las 20:57, lo que motiva que algunos estudiantes y trabajadores no puedan utilizarlo, ya que hasta las nueve de la tarde no finalizan sus actividades lectivas o profesionales.

DIARIO DE AROUSA, 14/12/10


54 comentarios

jorge rodriguez · 15-12-2010 a las 20:01

Paréceme perfecto que se lle fagan este tipo de peticións o ADIF, pois cando os trens se cruzan no pobo, normalmente sitúanse de maneira que a xente non pode usar o paso que existe para cruzar, e é moi normal ver cómo os veciños teñen que cruzar por riba das pedras da vía a saltos, co perigo que conleva (resbalóns, caídas, …) e non só por parte de viaxeiros con bultos ou maiores, pois é moi complicado saltar a altura que existe, e non falemos se chove ou o calzado non é o máis apropiado. O peor é que esta situación é case diaria.
Respecto á megafonía xa están tardando, pois non poden ter este tipo de servicios ós viaxeiros, e menos co que cobran; trátannos coma se fósemos de terceira respecto a outras estacións, pódese entender que non somos Vilagarcía ou Pontevedra, pero pagamos coma eles.
Tamén me gustaría dicir que non só se debería pedir que pare ese tren, senón algún máis, penso que é un erro centrarse só nun. Cara Santiago sería interesante que pare un que pasa sobre as 16:25 a diario e non para, e o anterior pasa sobre as dúas da tarde que resulta moi incómodo, e deberíase solicitar algún maís.
Convén recordar que os usuarios que pagan tanto abonos mensuais coma bonos 10, cando utilizan nunha das viaxes de ida ou volta un dos trens coñecidos coma «rápidos» popularmente, vénse obrigados a pagar a tarifa máis cara (que é a que máis interesa neses casos) e, sin embargo, non poden disfrutar de todos eses trens, pois non paran no pobo.
Débese esixir máis, xa que temos que soportar a vía no medio do pobo, que nos oferten máis servicios e con mellores condicións respecto á estación, non debemos de deixar perder o tren, cando é un medio que utilizan moitos veciños para desplazarse por ocio ou para traballar e estudiar a diario.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-12-2010 a las 22:14

Pois considero moi importante que «jorge rodríguez» se interese tanto polo servizo de ferrocarril. Vexo que tamén estás de acordo coas melloras na estación, e teño que matizar que, hai por aí un ano, fixeron unha rampliña de andén a andén na zona máis próxima ao paso da Factoría que facilita non ter que subir ou baixar con tanta altura fronte ao edificio da estación. Son melloras que se foron conseguindo en base a xestións co ADIF (marquesina en condicións, alumeado, pavimentado da antiga zona de mercadorías, sinalización, cadro de horarios, etc…). Con Renfe Operadora logrouse hai pouco que pararan dous trens máis R-598 (o das 7.30 para Santiago, e das 15 horas para Vilagarcía) e agora pídese que o faga un máis. Ogallá se poidera conseguir que pararan todos, pero iso é imposible. Temos moi complicado manter o tren en Pontecesures cando entre en servizo a Alta Velocidade, e con estas medidas estamos a conquerir ter máis viaxeiros para poder facer máis forza (por iso fíxose publicidade en Radio Valga, repartíronse horarios polos establecementos, saen novas sobre reivindicacións de melloras nos medios, etc…). Non debemos tirar a toalla, hai que seguir adiante, pero non vai ser doado. Dende aquí fago un chamamento aos veciños da comarca para que se utilice o tren, e a todos os grupos políticos para que non se cometa unha inxustiza con nós, eliminando o ferrocarril que leva máis de 135 anos pasando por esta vila e prestando un servizo público funadamental

javahacks · 15-12-2010 a las 22:24

Non entendo como inda hai xente interesada nos cercanías… Onde se veu que un tren atravese en dous un pobo pola metade da rúa? A xente que vén de fora queda abraiada… Empeñámonos en quedarnos atrás cando o progreso é evidente que peta ás portas. As vias que temos son minimo do terceiro mundo… Se se fixesen liñas de autobuses decentes, ninguén ía chorar polo tren.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-12-2010 a las 22:39

Respecto a túa opinión, pero non estou en absoluto de acordo «javahacks». O tren de proximidade (e o metro lixeiro) son o futuro das cidades e das vilas, e teñen que estar integrados nas mesmas, por razóns ecolóxicas e económicas. Nós xa temos a vía, resulta inexplicable perder o tren. ¡Quen lle dira telo a Ribeira, a Sanxenxo, a Cambados, a Cangas….!

    molondor2 · 16-12-2010 a las 14:10

    eu estou de acordo con javahacks xa ke e unha tonteria ter a via do tren a molestar se apenas se lle da uso. creo ke esta ahi por cuestions politicas

    molondor2 · 16-12-2010 a las 14:15

    hai zonas nas ke so causa molestias cortando a accesibilidade

Luis Angel Sabariz Rolán · 16-12-2010 a las 15:15

¿Unha tontería ter unha vía do tren? ¿Razóns políticas nunha vía que leva aí 135 anos?. Non entendo nada.
Reitero que para mín sería moi prexudicial perder o servizo ferroviario en Pontecesures.

Paco Jones Losmios · 16-12-2010 a las 15:29

O tren en Pontecesures non pinta nada, aparte de que é un estorbo e a contaminación acústica que produce e horrible, o perigo que causa e moi superior que os servizos que ofrece, é moito mellor sacalo de diante e como di javahacks poñer liñas de autobus decente, as que lle poderiamos sacar moito mellor rendemeto co tren, aparte de ser máis barato e máis ecolóxico…

jorge rodriguez · 16-12-2010 a las 20:57

Gustaríame lanzarlles unha pregunta a esos que tanto lles estorba o tren e as vías; ¿credes que cando eliminen os cercanías non se vai a utilizar a vía? Penso que estades moi equivocados e que aínda vai a ser peor, despois só a utilizaran para transportar mercadorías e a basura de Sogama.

Xa que leva ahí eses 135 anos, saquémoslle partido, non só para molestar. Ademáis, non creo que os que o utilicemos sexamos tercer mundistas por iso, pois hai percorridos que interesa máis facelos en tren que en coche e, por desgracia, os autobuses non teñen unha frecuencia que serva moito. Hai moita xente que leva un soldo á casa ou que os seus fillos estudian e que usan o tren para lograr desprazarse e facer os seus cometidos.

Se Valga tivese a estación e nós non, habíamos de estar arrabeados; neste pobo, como sempre, ter que haber listillos que saben de todo e non entenden de nada; se vós (os que comentades estas parvadas) non o utilizades, deixar que os demáis sí poidan facelo.

molondor2 · 16-12-2010 a las 22:25

non vos podo dar a razón e sigo mantentendo o ke dixen

javahacks · 16-12-2010 a las 22:59

Que si home que si «jorge rodriguez», se quedas mais tranquilo douche a razon en todo. Non dixen que a xente que o usara fose tercermundista, eu falaba das vías. Pero bueno, xa me dei conta de que eres un cerrado nos teus ideais, asique ti sigue defendendoo, que mentras vos empeñades en salvar algo obsoleto, cando se nos da unha boa oportunidade inda a deixaremos pasar. Supoño que vai por mentalidades, enfin..

jorge rodriguez · 16-12-2010 a las 23:25

Non son ningún tolo para que me den a razón como ti dis; ademáis, aínda que non tiña porque dicilo, non son de ningunha cor política nin cerrado en nada e a miña mentalidade é do todo normal, a túa vendo como atacas, póla ti só en entredito.
Seguramente ti si sexas un cerrado de mente que comulga coas ideas do partido de turno, aínda que só sexa por levar a contraria, sen pensar por vós mesmos, polo menos, é a impresión que das neste caso.
O que sí che digo é que son un usuario de tren dende neno, e este transporte permitiume ir tanto a estudiar coma na actualidade a traballar; créeme que sei do que falo, ao mellor ti non.

sobreiras · 17-12-2010 a las 19:22

Afortunadamente, somos máis os que pensamos coma tí, Jorge Rodríguez, que utilizamos o tren, no seu tempo para estudiar e ahora para ir de compras, o médico, o cine, etc. Penso que despois de tantos anos de disfrutar deste medio de transporte cómodo, rápido, barato, público,non contaminante… non temos porque perdelo. Só pensan nos cidadáns das grandes urbes, os dos pobos somos de segunda clase. En Pontecesures, o tren transportou moitas mercadorias axudando a crear riqueza, hoxe é un medio de transporte maravilloso que cada día usa mais xente porque xa non é tan doado viaxar en coche, medio de transporte moi caro, hai que ter coche o primeiro, votarlle gasolina,pagar aparcamentos e os mundos non están para o derroche e cada vez menos. Eramos todos moi ricos, ahora xa non o somos tantos e a xente tenta aforrar viaxando varios nun coche ou usando os transportes públicos e entre estes últimos o tren é dende logo o mellor de todos. Tamen moita xente que non vive cerca da estación leva o coche ata alí e logo vai no tren. Deberíamos loitar por el con máis interés para non perdelo, outras comunidades máis listas loitan polas cercanías e dispoñen destas e de metro e de tranvía, ou sexa, téñeno todo e a nos deixaranos sin nada.

Cara de cona · 17-12-2010 a las 19:39

¡Viva o tren, carallo!……chu…cu…chu..cu…piiiii….e a historia bonita…tarrio….pepe o factor…socorro a cantinera…..o garda agullas de San Xulián…jose luis….que tempos aqueles…agora veñen os señoritos a dicir que estorban as vías…que se deixen de coñas….mais estorbos temos en cesures e temos que aguantalos……..

javahacks · 18-12-2010 a las 00:24

arrecarallo si hai estorbos neste pobo… creo que en ningun lugar de españa hai mais burros por metro cadrado

    ultimatum · 18-12-2010 a las 00:38

    tes razon so tes ke sair polas calles a iso das catro da mañan e xa ves a un deles cun andar moi singular indagando noticias para ser mais «guay»

Paco Jones Losmios · 18-12-2010 a las 00:29

Este pobo esta cheo de fantoches e ladrón, outra cousa nn habera pero deso salen asta debaixo das pedras e un claro exemplo e o concello e na mais. Despois falando do tren eu desisto que agora os vellos veñen a decir que somos moi finolis dicindo que as vias molestan…POIS CLARO QUE SI! xa non e a vosa época, estamos noutra nova e as novas tecnoloxias comen a merda esa de transporte que nn serve pa máis que para dar problemas….

javahacks · 18-12-2010 a las 00:44

xa, deste pobo ben se podia facer unha pelicula… argumentos sobran, e actores tamen, xa de paso.

    ultimatum · 18-12-2010 a las 00:50

    como lle chamarias

    ultimatum · 18-12-2010 a las 00:51

    eu «mentiras y gordas» ou aljo asi

      javahacks · 18-12-2010 a las 00:58

      jaja nn esta mal, pero eu prefiro «Una serie de catastróficas desdichas» . Veñenlle as duas ao pelo

        ultimatum · 18-12-2010 a las 00:59

        tamen

          ultimatum · 18-12-2010 a las 01:00

          ou «aqui no hai quien viva»

ultimatum · 18-12-2010 a las 01:01

a cabeza nn paaaraaa!!!!

DANIEL SEIJAS S.L. · 18-12-2010 a las 23:00

Todalas opinións son respetables, pero penso que quitar o tren de Cesures,Padrón e Catoira é un autentico atraso. Unha obra pública que custou tantos esforzos e cartos facela, da que poucos pobos de Galicia teñen o privilexio de ter, non se pode quitar baixo ningún concepto.Unha cousa é a política que houbo en España ,dende sempre, con respecto a extensión de vías de tren e o seu aproveitamento,que sempre foi deficiente. España é un dos paises europeos onde menos se utiliza o ferrocarril para o transporte de mercadorías, mandandose na súa maior parte en camións, cos elevados custes en todolos sentidos que iso provoca, cando nos paises máis avanzados, coma Alemaña, por maioria aplastante as mercadorias van en tren,reducindo costes e ampliando beneficios e competividade ós productos.En Alemaña,en Belxica,en Inglaterra,podes ir case a calquer lugar en tren ,e onde non chega hai servicios de autocares coma é debido, e non coma en Galicia que o servicios de autocares por exemplo en Cesures e Caldas e malo,malo, e o tren vai a poucos sitios. O ferrocarril en Galicia é unha infraestructura que esta infrautilizada que ten moito futuro,e que debe extenderse a máis pobos….porque é moi triste dicir que o Morrazo, O Barbanza, Costa da Morte, Terra Chá, Bergantiños,Terra de Montes….non teñan tren, coa cantidade de persoas que hai vivindo ahí é un autentico escandalo,vilas importantismas están sen tren, e a verdade en moitos destes sitios o transporte por estrada é moi limitado…citamos pobos importantes que non teñen tren :A Estrada,Bertamiráns, Ribeira,Boiro, A Pobra, Rianxo,Noia, Muros, Carballo, Ordes (a estacion esta lonxe), Vilalba, Mondoñedo, Cangas de Morrazo, Moaña, Bueu,Marín (so mercadorias),Sanxenxo,Cambados, Chantada, Santa Comba, Ponteareas, A Cañiza, Caldas de Reis, As Pontes (gasto espectacular en camións para transportar carbón)…e podese seguir.
O autocar non pode competir nunca co tren nos accesos as cidades,por unha razón moi sinxela, o tráfico.Si vas a Santiago as 8 da mañá canto tempo botas no atasco na Rocha?? o tren non ten trafico chega sempre a súa hora, salvo excepcións. Outra cousa é ,que si tren molesta máis ou menos por pasar polo centro,e eso pode ter outras solucións,pero penso que non é o principal,e eso non é ningun estorbo ó desenvolvemento do pobo, máis ben o contrario,porque haber que pobo ten a estación nun sitio tan céntrico coma Cesures? cando a estación de Padrón si que está bastante apartada do pobo.
Espero que non quiten o tren,pero si o quitan,aqueles «cesureños» que agora estan a favor da súa aniquilación, o día que non haxa tren, xa se laiaran por non telo.

    ultimatum · 18-12-2010 a las 23:10

    cala cona!!!

      Antonio Cortés · 19-12-2010 a las 21:53

      Ã?ltimo aviso … Os comentarios deben ir sobre as entradas … e por si non queda clara Os comentarios deben ir sobre as entradas

        ultimatum · 19-12-2010 a las 23:10

        Antonio desculpa o meu vocabulario pero e que a unica maneira de facelos entrar en razón

    ultimatum · 18-12-2010 a las 23:11

    como indagas!!! iso soleo poñer a xente ke nn ten vida social!

    javahacks · 18-12-2010 a las 23:22

    como ansías! por esa regra de 3, tamen era ben ter o aeroporto no medio dun pobo… porque claro, quedaria moi «centrico», mais todos sabemos que nn está ben jaja

    ultimatum · 18-12-2010 a las 23:24

    e un porto mercantil no ulla nn te jode daniel seijas s.l.

ultimatum · 18-12-2010 a las 23:25

a culpa e de sabariz por tentar defender o tren cando esta acabado

arrevolussion · 18-12-2010 a las 23:32

Danieliño ti sí que eras un bo candidato, para un partido que intentara arrexuntar a este pobo destrozado, desunido, e que semella perder identidade, pobo que día a día xustifica máis con tal actitude o que dende as mentes políticas se está cavilar, no sentido de aunar esforzos, mancomunar, reducir gasto, reducir administracións, etc. triste tristura… todos líderes, todos cabezas de lista, cada cidadán un candidato, cada cidadán un líder, cada cesureño un partido político, … ¿pero tanto a vergonza como a humildade desapareceron, asasinaronnas… ou qué?.
Benvido sexa un argumento en favor dun tema, neste daso do tren de cercanías, ¡¡ potenciese e protexáse dunha vez por parte das administracións !! , se agradece Daniel Seijas comentarios coma o teu no que se fan valoracións e se dan explicacións (acertadas ou non, opinables en todo caso) e non ter que asitir a este baile de » ismos » (como presuntas renovacións radicais da nada) de «…hacks» e de «atums»,… ismos que levan a ningures e se fundamentan no «rien», na » nada «, as sociedades teñen como sistema de entendemento as canles que se están a ultilizar, a linguaxe, a través de formas diversas de difusión é a principal… sexa cal sexa o medio, sempre é preciso un contido coa sua explicación, coa súa dialéctica, co seu argumento de exposición … abonda de «absurdos»…

    ultimatum · 18-12-2010 a las 23:39

    o unico capaz de unificar o pobo e o señor sabariz

    ultimatum · 18-12-2010 a las 23:45

    xa ke xenera un gran odio comun ke unifica a xente pontecesures e arredores ke se unen para tentan derrocalo o cal e imposible xa ke se agarra o seu posto como unha garrapata utilizando mentiras, enganos, patrañas…

      javahacks · 18-12-2010 a las 23:56

      dios, eres excesivo, pero nn se pode negar que nn tes razon… Pola pinta, ou che fixo algunha xogada, ou coñeces ben a este personaxe… equivocome?

Luis Angel Sabariz Rolán · 19-12-2010 a las 00:07

Nin mentiras, nin enganos, nin patrañas, «ultimatum». Voltando ao tema do tren, reitero que para min é un medio fundamental para o futuro. Por certo, nunca me gustou a xente que fala de derrocamentos. Mal asunto.

    ultimatum · 19-12-2010 a las 19:01

    ke interese tes ti sabariz en ter un tren obsoleto molestando no medio do pobo???

    ultimatum · 19-12-2010 a las 23:28

    aki ninguen falou de derrocar directamente so era unha maneira de falar meu bo amigo Sabariz

    ultimatum · 19-12-2010 a las 23:28

    xa ke imposible facelo

Segismundo Toxicomano · 7-01-2011 a las 13:46

Quitar o tren por estar acabado?jaja
O único que está acabado neste pobo é a política e os políticos,
que solo saben roubar.
O servizo de tren non é punteiro ,nin moito menos,xa que os
únicos que alí informan a xente son uns agradables rapaces que
pasan alí as horas mortas, pero é moi necesario ,tanto para currantes como
para os estudantes.O único que se teria que discutir aquí serian
as propostas para mellorar o sistema,non remexer a merda!

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-01-2011 a las 14:16

Pois estou de acordo contigo en que o tren é moi necesario, «Segismundo Toxicomano». Discrepo, obviamente, na forma. Eu fago todo o que podo polo tren, para fomentar o seu uso (xestións para mellorar os horarios, distribución dos mesmos, limpeza dos andéns, arranxo da zona de mercadorías e da marquesina principal, cartelería, alumeado, xestións na defensa das cercanías, etc…. ). Como político local que son, non ven a conto tratarme, ainda por enriba, coma un ladrón.

    ultimatum · 8-01-2011 a las 01:02

    Sabariz sigues erre que erre co de salavar o tren. Non te das de conta que xa esta acabado? Abre os ollos! O tren forma parte do pasado. Esta obsoleto, molesta, xa que pasa por diante da porta da casa de moita xente, e perigoso en moitos sitios, pero ti ahi o pe do cañon como se foras o novo mesias: que si o tren non sei que… que si os do bng non sei canto… que si tes dudas… etc.

Luis Angel Sabariz Rolán · 8-01-2011 a las 16:12

Unha mágoa que penses que o tren só molesta «ultimatum». Quen lle dera a moitas localidades ter este servizo. Por certo, eu neste tema do tren de proximidade non critiquei ao BNG para nada. Ao contrario, sempre se mostrou (parlamentarios estatais e autonómicos, e varios políticos de diferentes concellos) partidario de mantelo e potencialo.

manolo o do bombo · 8-01-2011 a las 22:22

Aqui ó que che enteresa a ti ,e que axa tren para os teus fillos que van a universidad,pois compralle un coche eu tamen no seu dia yo comprei os meos e eso que eran outros tempos e non habia ave fenix.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-01-2011 a las 00:34

Increíble el nivel del comentario. ¿A qué viene referirse aquí a mis hijos? ¿Qué te importará a ti cómo se desplazan y adonde van?. Naturalmente que soy defensor del tren y ojalá cada vez hubiera más personas partidarias de utilizar este servicio.
Mira «manolo o do bombo» cuando comienzan a faltar los argumentos pues aparecen las ocurrencias, el meterse con uno por lo que sea en cualquier entrada, el chiste malo, la desconsideración, la intención de desacreditar, etc…Triste.

ultimatum · 9-01-2011 a las 00:41

Haber eu digo que hai que invertir en liñas de autobuses decentes que sereias moito mais comodas co tren. Por que falas castelan cando te atacan Sabariz?

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-01-2011 a las 01:06

Para min a diferenza en comodidade entre o tren e o autobús e inmensa para a primeiro. E para moita xente que coñezo tamén. Non hai cor.

    ultimatum · 9-01-2011 a las 01:09

    Claro ti o que queres e salvar o tren para Sabariz, familia e amigos, agora encaixan todas as pezas!

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-01-2011 a las 01:21

Isto xa decae, «ultimatum», o medio non é un chat, e dicir que quero que se manteña o tren pola familia e amigos é unha barbaridade das máis grandes.
Remato; estou a favor do ferrocarril de cercanías e ogallá nunca o perdamos en Pontecesures. Está difícil, pero penso que hai que continuar loitando mentres teñamos algunha posibilidade de que continúe.

    ultimatum · 9-01-2011 a las 01:25

    Pero e que e unha loita inutil. E que non entendes? O tren esta acabado canto antes se invirta en liñas de autobuses mellor.

manolo o do bombo · 9-01-2011 a las 12:36

Claro que no me importa a tua familia,si non quere ir en tren que vai en avion,dame exatamente o mismo ,ti e ó que tiñan que estar mais con eles porque vexo que estas a altas horas en internet fora da casa,si fora a miña muller mandame dor mir cas pericas,e ati nas marquesinas da estacion que a tes cerca en fin non tes remedio.

Luis Angel Sabariz Rolán · 9-01-2011 a las 14:17

Mira, «manolo o do bombo», se eu fago unha entrada e xestións para a defensa do ferrocarril en Pontecesures, e ti me saes con este tipo de comentarios ofensivos e alleos á nova, pois non paga a pena continuar a debater contigo. A veciñanza xulgará as túas ocorrencias e sobre todo a que grupo defendes. Moitos o temos moi claro. Un saúdo

jorge rodriguez · 13-01-2011 a las 20:40

Dende logo, si que vos faltan os argumentos, como usuario da páxina paréceme vergonzoso que ataquedes a ninguén persoalmente ou nombrando á súa familia. Vós solos vos describides. Chamádelle o que queirades, pero el só con argumentos e sen insultar a ninguén, ponvos no voso sitio.
Grazas po defendelo tren para o pobo, como fan a maioría dos partidos no Parlamento.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.